GNU/Linux

Galiza, terra de Tux

Galiza, unha das poucas comunidades na que os seus docentes ensinan en GNU/Linux. Un orgullo contar cunha comunidade de docentes que miran ao futuro, a aquilo polo que apostan as universidades, os grandes centros de investigación, as grandes tecnolóxicas, os programadores. Será a tecnoloxía dos nodos de Internet das cousas, que hoxe tan só podemos albiscar a través dunha fenda. Foi un reto, unha aposta decidida dos ensinantes en prol da liberdade e a modernización tecnolóxica. Chegou deste xeito o concepto de software libre ás aula, que vai moito máis aló das características dunha licenza, configurando unha forma de ser, a de dar sen pedir nada a cambio, a de compartir, a do respecto pola propiedade intelectual, a da defensa das linguas minoritarias. Tantas cousas!

logotipo Tux

 

Crear un USB-LIVE cunha imaxe ISO

Cando dispoñemos dunha imaxe ISO dunha distribución linux e queremos crear un usb que sexa arrancable para estudar a distribución e posteriormente instalala se o consideramos, podémolo facer con varias aplicacións ou incluso co terminal no caso de que teñamos un equipo con gnu/linux.

a. Se estamos cun equipo Windows, podemos empregar o RUFUS. Nin tan sequera temos porque instalalo, xa que ten unha versión portable. Podemos descargalo desde a súa páxina: https://rufus.akeo.ie/?locale=gl_ES

rufus

Tamén podemos descargar o ETCHER desde a súa páxina: https://etcher.io/

b. No caso de que o noso equipo dispoña dun sistema operativo con Linux, podemos empregar o ETCHER, que descargamos desde a súa https://etcher.io/. Trátase dun ficheiro executable, polo que non é necesario instalalo.

etcher

Se o preferimos podemos empregar o terminal. Para iso podemos facelo con dúas intrucións: dd e cat

Antes de nada debemos de coñecer o nome da unidade. Para iso podemos facelo á súa vez con dúas aplicacións, pero con privilexios de root.

su root (indicamos o contrasinal)

fdisk -l
fdisk

 

Neste exemplo, podemos observar que a unidade de /dev/sdd cunha capacidade de 14,4 GB é na que temos o usb de 16 gb (non aproveito totalmente a súa capacidade).

A segunda opción, e nesta ocasión máis visual, é coa orde gparted, que tamén nos servirá para formatear de maneira sinxela un lápiz usb.

gparted
gparted

 

Polo tanto agora só temos que crear a usb live:

dd if=/home/usuario/Descargas/abalar_17.iso of=/dev/sdd

No caso de empregar a orde cat

cat /home/usuario/Descargas/abalar_17.iso > /dev/sdd; sync

Coa orde cat, o proceso é moito máis rápido, sen embargo tenme ocurrido que unha vez creado o lápis, non arrancaba.

 

Subscribe to GNU/Linux