Debian

Instalación do plugin Adobe Flash en Debian. Visualización dos libros dixitais

Adobe_Flash_Player_SVG.svg.png

Aínda que a tecnoloxía flash é obsoleta e vaise migrando aos poucos a html5, aínda quedan moitas páxinas editadas con esta tecnoloxía. Para visualizalas non chega con dispoñer dun navegador, debemos de engadirlle un plugin de Flash.

En Debian podemos traballar cunha versión libre e Flash, chamada gnash. Funciona aparentemente en moitas páxinas, pero noutras moitas a visualización pode ser incorrecta (falla o escalado), e incluso non verse nada. Por este motivo, ás veces non temos máis remedio que desinstalar este plugin libre e instalar o plugin privativo de Adobe.

GNU_Gnash_logo.png

Para desinstalalo podemos abrir o synaptic, ou tamén o podemos facer desde o terminal, iso si, contando con privilexios de root ou ben de sudo, se fose o caso.

su root

apt remove gnash

synaptic_0.png

 

desinstalar.png

Seguidamente instalamos os drivers privativos de Adobe. Sen embargo debemos saber que é diferente o plugin para Firefox que para Chromiun e os dous podemos descargalos manualmente da páxina de Adobe.

MOZILLA FIREFOX

480px-Firefox_Logo,_2017.svg.png

A. Procedemento automático. Para instalar o plugin de Adobe Flash para Firefox, abrimos o synaptic e instalamos o paquete flashplayer-mozilla

flashplayermozilla.png

Tamén o podemos facer, coma sempre desde o terminal, coa seguinte instrución:

apt install flashplayer-mozilla

B. Procedemento manual. Se preferimos descargar a última versión que publicou Adobe, dirixímonos á páxina de Adobe:

https://get.adobe.com/es/flashplayer/otherversions/

Escollemos o sistema operativo e o paquete tar.gz, concretamente o paquete NPAPI, que é o que lle ofrece a funcionalidade Flash a Mozilla Firefox

ssoo.png

npapi.png

Creamos un cartafol e movemos o ficheiro dentro dela:
 
mkdir adobeflash

mv flash_player_npapi_linux.i386.tar.gz adobeflash

 

Entramos no cartafol e descomprimimos o ficheiro. Se queremos podemos facelo desde o terminal:
 
cd adobeflash

tar -xvzf flash_player_npapi_linux.i386.tar.gz

 

Sobreescribimos a carpeta /usr cos contidos da carpeta usr que visualizamos despois de descomprimir. Para isto teremos que adquir os dereitos do usuario root
su root (indicamos o contrasinal, que por defecto é toor)

cp -rp usr /usr

su root
Copiamos o ficheiro libflashplayer.so na ruta /usr/lib/mozilla/plugins/
 
cp libflashplayer.so /usr/lib/mozilla/plugins/

Probamos se funciona. Para iso cargamos no Firefox a seguinte páxina:

http://get.adobe.com/flashplayer/about

clic_activar.png

Pinchamos en Activar Adobe Flash e con iso desbloqueamos o plugin, que por certo o Firefox, nas versións Quantum bloquea por defecto.

Probamos coa páxina de xogos online friv.com para comprobar o correcto funcionamento:

 

friv.png

 

GOOGLE CHROMIUM

256px-Chromium_11_Logo.svg.png

1. PROCEDEMENTO AUTOMÁTICO:

Abrimos o Synaptic e instalarmos o paquete flashplayer-chromium. Tamén o podemos facer desde o terminal:

apt install flashplayer-chromium

chromium.png

2. PROCEDEMENTO MANUAL

Dirixímonos á páxina de Adobe: https://get.adobe.com/es/flashplayer/otherversions/

Seleccionamos o sistema operativo e o paquete tar.gz, versión PPAPI

ppapi.png

Descargamos o ficheiro e descomprimimos, de forma idéntica ao xa explicado para Firefox.  Copiamos os ficheiros libpepflashplayer.so e manifest.json ao cartafol /usr/lib/adobe-flashplugin/. Se non existise o cartafol adobe-flashplugin, procedemos a crealo

mkdir /usr/lib/pepperflashplugin-nonfree/
cp libpepflashplayer.so /usr/lib/pepperflashplugin-nonfree/

cp manifest.json /usr/lib/pepperflashplugin-nonfree/

Quedando o cartafol deste xeito:

resultado_pepper.png

 

Dirixímonos a /etc/chromium.d/ e creamos un ficheiro co nome flashplayer-chromium.conf:

cd /etc/chromium.d/

touch flashplayer-chromium.conf

mousepad flashplayer-chromium.conf

E copiamos nel o seguinte contido:

flashso="/usr/lib/pepperflashplugin-nonfree/libpepflashplayer.so"
flashversion=`strings $flashso|grep ^LNX|sed -e "s/^LNX //"|sed -e "s/,/./g"`
CHROMIUM_FLAGS="$CHROMIUM_FLAGS --ppapi-flash-path=$flashso --ppapi-flash-version=$flashversion"

 

Probamos se funciona. Para iso cargamos no Chromium a seguinte páxina:

http://get.adobe.com/flashplayer/about

activar_chromium.png

Neste caso activamos o Adobe Flash Player cun clic no botón dereito do rato.

executar_complemento.png

LIBROS DIXITAIS

Sen embargo cando dispoñemos dun libro dixital con contidos en Flash, instalado no equipo é moi posible que non se visualice. Isto é debido a que para executar Flash con ficheiros locais hai que darlle permisos ao navegador na configuración de Flash Player. Para isto tanto desde Firefox, como desde Chromium dirixímonos á seguinte páxina:

https://www.macromedia.com/support/documentation/es/flashplayer/help/settings_manager04.html

permitirsempre.png

Seleccionamos a opción "Permitir siempre" e engadimos a ruta na cal temos os libros instalados. Ás veces, á hora de engadir a dirección non acaba de responder ben, pero non importa, engadimos calquera e logo editámola e cambiamos a ruta de forma manual. Probamos agora se o funcionamento é o correcto, tanto na visualización como no son.

tous.png

 

Os mapas mentais. FreeMind

Non é novidade de que os mapas mentais constitúen unha valiosa ferramenta para memorizar moita información. Para min a razón é sinxela. A nosa menta desenvólvese mellor con imaxes que con información desenlazada. Nós a unha imaxe podemos darlle moita información e polo tanto o a facilidade para integrala é maior. Forma parte dos recursos do inconsciente, tan grande como a biblioteca de Alexandría.

Logotipo FreeMind

Deixo un sinxelo manual dun programa chamado FreeMind. Para instalalo executamos a seguinte instrución desde o terminal, ou ben procuramos o seu nome desde o synaptic:

#apt install freemind

Tutorial:

https://blog.atio.es/sites/blog/files/freemind/FreeMind.pdf

Exemplo:

http://atio.es/freemind/freemind.zip

 

Exim4. Configurar sistema para envío de correos con Gmail.

Pode ser de utilidade que o sistema nos avise de determinados acontecementos, por exemplo unha actualización automática. Tamén pode valer para que unha aplicación web que teñamos instalada nos lembre no correo electrónico o contrasinal esquecido, e como non para o envío de correos a través do terminal. Unha maneira de facelo é empregando o servidor de correo Exim4. Procedamos a configuralo:

su root

dpkg-reconfigure exim4-config
aceptar_exim4

Aceptamos

servidor

Eliximos a opción: O correo envíase por un servidor; recíbese por SMTP ou fetchmail. Aceptamos. Aceptamos novamente a nova fiestra informativa.

nome_servidor_correo

Engadimos calquera nome ao servidor de correo. Aceptamos a seguinte fiestra informativa.

ip

Mantemos a configuración da ip para as conexións smtp entrantes:  127.0.0.1; ::1. Na seguinte fiestra na que se nos pide Outros destinos para os que se acepta correo, deixamolo en branco, e na seguinte tamén o deixamos en branco cando nos pregunta polas Máquinas para as que se remite correo.

servidor de correo sainte

Configuramos o nome do servidor de correo saínte como: smtp.gmail.com::587

Obviamente, se empregamos outro servidor de correo saínte, deberemos de mudar a configuración, tanto no enderezo como no porto.

Na seguinte fiestra pregúntasenos se queremos agochar o nome de local no correo de saínda (no meu caso "fornella"). Eu elixo que non. Acepto a seguinte xanela informativa. Na seguinte fiestra pregúnta se debe de minimizar o número de consultas DNS. Elixo non sen ter moi claro a importancia da cuestión.

gardado_correo

No método de gardado do correo, escollo a opción Formato mbox en /var/mail. Aceptamos a seguinte ventana informativa. Seguidamente indícanos se debe de partir a configuración en ficheiros pequenos, contestei non. Tampouco teño moi claro a importancia de escoller unha ou outra opción. Ao aceptar reiniase o exim4.

Editamos o ficheiro /etc/exim4/passwd.client

mousepad /etc/exim4/passwd.client

Debemos de engadir as seguintes tres liñas, obviamente cambiando contadecorreo pola conta que queiras empregar e o seu respectivo contrasinal.

gmail-smtp.l.google.com:contadecorreo@gmail.com:contrasinal
*.google.com:contadecorreo@gmail.com:contrasinal
smtp.gmail.com:contadecorreo@gmail.com:contrasinal

Reiniciamos o servizo:

service exim4 restart

Se queremos probar o seu funcionamento, podemos facelo coa seguinte instrución:

echo Proba desde Exim4 | mail martintecnoloxia@gmail.com -s "O servidor Exim4"

O Gmail avisaranos cun correo de alerta "Alguén ten o teu contrasinal", no caso que descoñeza a dispositivo desde o cal facemos o envío de correo, por iso debemos de revisar os dispositivos e tamén permitir o login desde sitios non seguros. Esto farémolo directamente desde un correo que nos envía:

revisqasifuneuprotexer

E recibimos as mensaxes:

recibido

Agora podemos configurar o sistema para que nos envío o correo interno á conta previamente definida. Para isto editamos o ficheiro:

nano /etc/aliases

E engadimos ou editamos a liña de root, sinalando a conta de correo.

aliases

 

 

Ofris. Conxelar o sistema.

Moitos usuario procuran un programa alternativo a Deep Freeze do sistema operativo Windows para Linux. Unha alternativa posible é Ofris.

1. Creamos un novo usuario que queiramos conxelar, por exemplo o usuario alumno

su root

adduser alumno

2. Descargamos o paquete ofris da seguinte ligazón:

a. 32 bits: http://goo.gl/V94Qs

b. 64 bits: http://goo.gl/DleLl

Para saber se a maqueta coa que estamos é 32 ou 64 bits,  podemos teclar a seguinte orde:

uname -m

Se a resposta é i686, trataríase dun sistema de 32 bits

3. Instalamos o paquete o gdebi, ou tamén se o preferimos co terminal:

dpkg -i ofris-en_1.9.05-build2~tahutek~maverick_i386.deb

4. Executámolo programa . Para iso abrimos o terminal, e escalamos a root.

su root (indicamos o contrasinal)

ofris-en

5. Se escollemos a opción 2, podemos conxelar o sistema para un usuario en concreto. Neste exemplo sería o usuario alumno. Se escollemos a opción 4, podemos desconxelar o sistema.

 

Usuario con permisos para instalar ou cambiar o contrasinal.

Resulta de utilidade crear un usuario que poida instalar ou ben cambiar o seu propio contrasinal, descoñecendo o contrasinal de root

Imaxinemos que dispoñemos dun usuario chamado martin

Para que este usuario poida instalar software ou ben cambiar o seu propio contrasinal debemos de agregalo ao grupo sudo

Co terminal, e neste caso desde root, escribimos:

usermod -a -G sudo martin

Tamén o podemos facer coa ferramenta de xestión de usuarios "Usuarios e grupos", que atopamos en sistema. No caso de que non o teñamos instalado, farémolo instalando o seguinte paquete: gnome-system-tools

Para iso pinchamos en xestionar grupos, procuramos sudo e clic en propiedadades. En propiedades clic no usuario que queiramos agregar ao grupo sudo.

 

usuarios

 

Unha vez que teñamos o usuario no grupo sudo, podemos cambiarlle o contrasinal desde a propia conta ou ben instalar os programas que desexemos sen escalar ao usuario root.

 

sudo

 

Se quixeramos cambiar lle o contrasinal escribiríamos no terminal (aínda que tamén o podemos facer en "Usuarios e grupos"):

passwd martin

 

 

 

Instalar Remmina en Debian Stretch

remmina

Para instalar a versión de Remmina 1.1.x, aplicamos o seguinte:


echo "deb http://apt.jurisic.org/debian/ stretch main contrib non-free" > /etc/apt/sources.list.d/jurisic.list
wget -q http://apt.jurisic.org/Release.key -O- | apt-key add -
apt-get update
apt-get install remmina


Se desexamos instalar a versión 1.2, deberemos seguir as instrucións da wiki de remmina.com:
https://github.com/FreeRDP/Remmina/wiki/Compile-on-Debian-9-Stretch

 

Pero alternativamente tamén o podemos facer instalando un paquete flatpak:

remmina_0.png

apt install flatpak

Descargamos o paquete flatpak

wget https://flathub.org/repo/appstream/org.remmina.Remmina.flatpakref

flatpak install org.remmina.Remmina.flatpakref

reboot

 

Linux Multimedia Studio

lmms

O LMMS é un estupendo programa para a edición de audio en Linux. A única desvantaxe que presenta é a imposibilidade de grabar directamente, aínda que se pode solventar grabando con Audacity e los importar a túa grabación  a LMMS para tratala da maneira desexada.

https://lmms.io/download

Para instalalo é moi sinxelo.

En Debian/Ubuntu/Mint: sudo apt-get install lmms

En Arch Linux: sudo pacman -S lmms

https://youtu.be/fiAUyp_5b9I

Comprobar a versión do debian instalado e do seu kernel

kernel

Para coñecer a versión do sistema operativo instalado pódese de facer de varios xeitos. Sen embargo o máis sinxelo penso que pode ser o seguinte:

cat /etc/debian_version

Para coñecer a versión do kernel:

uname -r

Se quixéramos coñecer a arquitectura do equipo (32 ou 64 bits):

uname -a

Se aparece i686 GNU/Linux, trataríase dun sistema operativo 32 bits. Se aparece a cadea x86_64 GNU/Linux, trátase dun 64 bits.

Redimensionar imaxes por lotes

Hai moitas utilidades coas que se pode redimensionar as imaxes dunha carpeta. O XnConvert pode ser un deles:

xnconvert

http://www.xnview.com/en/xnconvert/#downloads

Escollemos o paquete deb da versión 32 ou 64 bits, segundo corresponda e procedemos a instalalo co gDebi ou ben desde o terminal coa instrución dpkg -i nomeficheiro.deb

No apartado settings pódese configurar o idioma dos menús en español. O funcionamento é moi sinxelo, tan só debemos de engadir as imaxes e configurar o traballo a realizar co elas.

 

 

Subscribe to Debian