Converter un pdf nun documento Writer ou Impress

icono documentos pdf

 

En ocasións desexamos mudar un documento pdf a odt. En ocasións para facer un copia-pega e deste xeito non ter que escribir novamente toda esa sección que nos interesa.

Abrimos o emulador do terminal. E dirixímonos á ruta na cal teñamos descargado o pdf.

cd /home/usuario/Descargas

soffice --infilter="writer_pdf_import" --convert-to odt ficheiro.pdf

Se o que desexamos é acadar o ficheiro fonte dunha presentación Impress a partir do pdf, aplicamos o seguinte código:

soffice --infilter="impress_pdf_import" --convert-to odp Agueiro18_Alumno_comparte_traballo.pdf

Unha vez que teñamos no formato desexado xa os podemos modificar ao noso gusto. Debes de lembrar que co programa pdfMod, podes eliminarlle follas ao pdf, ou ben engadirllas. Tamén pode se de utilidade cando o documento a converter é demasiado pesado para o noso equipo.

 

Termo

Reducir o tamaño dun pdf. Unir e quitar varias follas

ghostscript

Instalamos ghostscript e gsfonts

sudo apt-get install ghostscript gsfonts

En función da calidade que queiramos obter, podemos escoller entre as seguintes opcións, de menor a maior calidade: screen, default, ebook, printer e prepress

A instrución queda do seguinte modo coa calidade screen:

gs -sDEVICE=pdfwrite -dCompatibilityLevel=1.4 -dPDFSETTINGS=/screen -dNOPAUSE -dQUIET -dBATCH -sOutputFile=pdfreducido.pdf pdforixinal.pdf

Se o quixéramos con calidade ebook, que ao meu entender é a opción máis razoable para manter o equilibrio entre calidade e peso:

gs -sDEVICE=pdfwrite -dCompatibilityLevel=1.4 -dPDFSETTINGS=/ebook -dNOPAUSE -dQUIET -dBATCH -sOutputFile=pdfreducido.pdf pdforixinal.pdf

Para xuntar varios pdf, empregamos o pdftk. Podemos instalalo do seguinte xeito:

sudo apt-get install pdftk

A orde sería a seguinte:

pdftk ficheiro1.pdf ficheiro2.pdf cat output documento.pdf

E por último para eliminar páxinas dun documento pdf:

No primeiro exemplo eliminamos a páxina 7 do documento ficheiro1.pdf

pdftk ficheiro1.pdf cat 1-6 8-end output documento.pdf

No seguinte exemplo queremos só a páxina 7

pdftk ficheiro2.pdf cat 7-7 output documento.pdf

 

Termo
Subscribe to pdf