1. O vídeo como recurso educativo
O vídeo é un recurso moi interesante a nivel pedagóxico. Na seguinte ligazón un alumno de primaria (Xoel) fai un resumo do libro en banda deseñada da batalla de Las Navas de Tolosa
Presentación do libro de Navas de Tolosa
Hoxe en día contamos con comics moi interesantes para o estudo de historia ou arte, como os do profesor Pedro Cifuentes
*Traducir subtítulos nun vídeo de youtube: https://youtu.be/RTTKvKxYV0U?t=487
(Metodoloxías learnlife: https://learnlife.com/learning-paradigm/diversifying-methodologies#Examples%20in%20action)
2. Personalización dunha aula virtual
i. Clic en Engadir unbloque
ii. Escolemos un bloque HTML
iii. Insertamos unha imaxe por exemplo
Descargamos por exemplo a seguinte imaxe: https://es.wikipedia.org/wiki/Tux#/media/Archivo:Tux.svg
O ancho da imaxe deixámolo en 200 px
Non engadimos o Título do bloque
iv. Con isto xa teriamos o bloque na columna da dereita. Sen embargo coa axuda de javascript podemos engadir unha cor de fondo á sección 0 e a sección da cabeceira do curso. Para iso pinchamos na icona de código html e engadimos ao código xa existente o seguinte:
<script> //Primeira parte: Ocultamos o título e as migas de pan. Engadimos un cor de fondo ao cabeceiro estilosCSS = '.page-header-headings{visibility:hidden} #page-header .card{background-color:#4A95FF33;} .breadcrumb{visibility:hidden;} #section-0.section.main.clearfix{background-color:#B0F23D33;}'; var styleElement = document.createElement('style'); styleElement.appendChild(document.createTextNode(estilosCSS)); document.getElementsByTagName('head')[0].appendChild(styleElement); //Segunda parte. Seleccionamos a sección do cabeceiro e gardámolo nunha variable var cabeceiro = document.querySelector('#page-header .card'); //Gardamos na variable imaxe a url dunha imaxe e os estilos da mesma imaxe = document.createElement('img'); imaxe.setAttribute('src', 'http://atio.es/pub/tux.png'); imaxe.setAttribute('width', '10%') imaxe.setAttribute("style","float:left; margin-left:100px;margin-top:-90px"); //Inserimos no cabeceiro a imaxe cabeceiro.appendChild(imaxe) </script>
3. O servizo premium. Contratación voluntaria dun seguro
teléfono 881 86 99 00
soporte.premium@edu.xunta.es
4. Ferramenta de xestión do inventario
https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/mod/page/view.php?id=3789
https://www.edu.xunta.gal/uac/premium/admin/login.php
5. Xestión de credenciais
6. Clonar un ultraportátil
https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/mod/page/view.php?id=3060
7. A Maqueta Abalar Libre
a. Descarga da ISO: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/espazo/maqueta-abalar-libre/versions
b. Instalación da maqueta: https://www.youtube.com/watch?v=7gziHxPNKgA
c. Software para convertir unha ISO a un usb vivo: https://www.balena.io/etcher/
8. Escritorio gnome - xfce
A Maqueta Abalar dispón de dous escritorios distintos cunha estética cada un dos mesmos:
XFCE
GNOME
Para pasar dunha interface á outra, debemos de pechar a sesión
E escollemos a sesión desexada
Introducimos as credencias por defecto: usuario: alumno e contrasinal: alumno
9. O Centro de Software
10. O cliente offline. Sincronización
11. Traballamos co ultraportátil
A. Manexo do Firefox
i. https://blog.atio.es/node/250
ii. https://blog.atio.es/node/253
B. Facer unha captura de pantalla. Engadir un recadro co Inkscape
i. Facer unha captura dunha zona de pantalla
A maqueta Abalar conta con dúas ferramentas diferentes para facer capturas de pantalla: Xfce4-screenshooter e Shutter
ii. Engadir un recadro de cor. Para isto empregaremos o programa inkscape. Por exemplo engadimos un recadro en cor azul a un elemento do menú da última captura
C. Imprimir en pdf. PDF Shuffler
i. Extraer unha páxina. Quedar só coa primeira páxina deste exame de selectivo
ii. Xunta dúas páxinas nun só documento. Engade a bibliografía ao seguinte documento
D. Comprimir ficheiros en zip
i. Crea un cartafol no escritorio
ii. Descarga estas imaxes e móveas ao cartafol creado no paso anterior
iii. Comprime o cartafol en formato zip
v. Crea un recurso Ficheiro para que os alumnos poidan descargar as imaxes comprimidas
Activar a edición > Engadir unha actividade ou recurso > Ficheiro
Proba a descargalo ficheiro e descomprimilo
vi. Crea unha etiqueta ou unha páxina e pinchando na icona de Xestionar Ficheiros sube o ficheiro comprimido. Unha vez subido, procede a descomprimilo, para iso fai un clic no botón dereito do rato e escollemos a opción Descomprimir
Seguidamente pincha na icona de Inserir ou editar imaxe > Examinar repositorios > Ficheiros incrustados e escolle unha imaxe. Finalmente, Gardar.
12. Crear tarefas.
A. Colgar unha práctica en pdf e os alumnos fan entrega da mesma, tamén en pdf
i. Crear unha tarefa.
E en ficheiros adicionais xuntamos o Enunciado da práctica
No caso no que o profesor queira mellorar a estética, pode xuntar coa ferramenta "Xestionar ficheiros" un arquivo pdf, e publicar unha imaxe dun logo que lle guste e chame a través dun hipervínculo ao ficheiro, quedando do seguinte xeito:
Se o profesor desexa enviarlle un ficheiro coa corrección da práctica, ou un ficheiro de audio explicando os erros ou posibles melloras, debe de seleccionar "Ficheiros de comentarios" dentro de Tipos de retroalimentación.
ii. E como entrega as tarefas o alumnado? Que é o que visualiza?
Para iso, nunha nova xanela privada, ou empregando outro navegador, logueamonos coas credenciais dun alumno matriculado neste curso.
Como podemos observar a interface do alumno é sinxela, de maneira que só ten que pinchar en "Engadir entrega". Fai entrega da mesma: Posible solución
iii. E como visualiza a entrega o profesor?
Debe de acceder á propia práctica, e aparécelle un aviso do número de alumnos que fixeron a entrega da mesma o os que faltan por avaliar.
E seguidamente pincha en Ver/cualificar todas as entregas
Escolle o alumno e pincha en Cualificación
E pode correxir directamente o pdf, aínda que para isto debe de contar cunha tableta gráfica ou ben unha tablet, engade a cualificación, os comentarios que considere oportunos. E no final da columna da dereita tamén pode engadir os fichieros que considere. Isto ten utilidade cando o profesor fai unha corrección global dunha práctica grabando a súa voz, cun dispositivo móbil ou coa axuda de diferentes programas como pode ser o Audacity
iv. E como visualiza o alumno as notas e comentarios?. Simplemente pinchando na propia tarefa ou na columna da esquerda en Cualificacións
E pinchando na propia tarefa:
B. Tarefa de lectura
Unha tarefa que pode resultar interesante en determinadas ocasiós é a de facer un resumo dun texto facilitado polo profesor, engadindo unha análise de texto de tipo persoal e conclusións propias. Tería os seguintes obxectivos e habilidades:
Obxectivos:
1. Relacionar o artigo coa materia impartida na aula
2. Capacidade de análise
3. Mellorar a capacidade de relación dos diferentes conceptos
4. Concienciar aos alumnos o carácter global dos conceptos tratados na materia.
5. Promover a reflexión
Habilidades:
1. Compresión lectora
2. Expresión escrita
TRABALLO DO DOCENTE:
Debes de ler a seguinte nova. Seguidamente debes de redactar un resumo da mesma empregando o procesador de textos. Finalmente debes de entregar a tarefa en formato pdf no prazo establecido.
Recursos a empregar: dicionarios en liña
TRABALLO DO ALUMNADO
1. Ler a nova: https://blog.atio.es/node/143
2. Redactar un comentario, resumo, conclusión, etc. empregando o procesador de textos Writer
Posible resposta: https://blog.atio.es/node/144
3. Imprimir a pdf
a. Empregando o conversor de writer
b. Imprimindo a pdf
4. Subir o pdf ao EVA
C. Tarefa de investigación
Procurar un artigo de prensa de actualidade relacionado co tema tratado. Aceptanse xornais e revistas de papel ou dixitais. A data da nova non será máis antiga dos 6 meses. Seguidamente débese facer un comentario do artigo. Unha vez rematado o comentario débese de engadir un anexo coa ligazón á nova (no caso de ser dixital) e unha captura ou unha foto da nova orixinal.
O obxectivo da actividade non é facer un resumo da nova. Débese facer unha análise crítica e establecer conclusións, relacionándoa coa materia impartida na aula.
Obxectivos:
1. Relacionar o artigo coa materia impartida na aula
2. Capacidade de análise
3. Mellorar a capacidade de relación dos diferentes conceptos
4. Concienciar aos alumnos o carácter global dos conceptos tratados na materia.
5. Promover a reflexión
Habilidades:
1. Compresión lectora
2. Expresión escrita
ENUNCIADO DA TAREFA
Procura unha nova que teña unha antiguedade máxima de 6 meses relacionada coas Enerxías Alternativas. Seguidamente redacta una comentario da mesma, facendo unha análise crítica e relacionando cos contidos estudados nesta unidade.
O comentario estará formado por unhas 500 palabras. No mesmo ficheiro e na parte final debes de engadir un anexo coa ligazón da nova orixinal e unha captura de pantalla da mesma.
Data Límite: 10/12/2018 (non se poderá entregar fóra de prazo)
TRABALLO DO ALUMNADO
1. Procurar unha nova relacionada coa temática tratada.
2. Redactar un comentario empregando o procesador de textos Writer
3. Engadir a última folla un anexo. Neste apartado debe de aparecer:
- A url da páxina web na que aparece a nova
- Unha captura de pantalla da mesma
4. Imprimir a pdf
a. Empregando o conversor do Writer
5. Subir o pdf ao EVA
D. Tarefa de presentación
Preparar unha presentación empregando o Impress para un tempo de exposición aproximado de 10 minutos. Terá entre 10 e 15 diapositivas. Engadirase o texto do orador nun documento diferente, cos párrafos explicativos para cada unha das diapositivas. A presentación debe de ser tan gráfica como sexa posible, sen abusar do emprego de texto.
Obxectivos:
1. Relacionar o artigo coa materia impartida na aula
2. Capacidade de análise
3. Mellorar a capacidade de relación dos diferentes conceptos
4. Concienciar aos alumnos o carácter global dos conceptos tratados na materia.
5. Promover a interacción oral
Habilidades:
1. Compresión lectora
2. Expresión escrita e oral
ENUNCIADO DA TAREFA PUBLICADA POLO DOCENTE
Crea unha presentación axudándote do programa LibreOffice Impress, así como os textos do orador. Expón aos teus compañeiros o tema tratado na aula
Data Límite: 10/12/2018 (non se poderá entregar fóra de prazo)
Recursos: Creación de presentacións eficaces
TRABALLO DO ALUMNO
1. Crear a presentación empregando Impress
(Podes empregar a presentación do tutorial de FreeMind como exemplo)
2. Editar o texto do orador co que se comenten as diapositivas empregando o procesador de textos Writer
3. Inserir os dous documentos nun cartafol e comprimilo en formato zip
4. Subir o archivo zip ao EVA
E. Tarefa de mapa mental
Outra tarefa interesante para axudar ao alumno a afianzar os conceptos clave dunha unidade didáctica son os mapas mentais:
1. Descarga o ficheiro menu_aplicativos no teu ordenador
2. Abre o documento empregando o software FreeMind.
3. Verás o esquema do Menú de aplicativos da maqueta abalar, explora o esquema e completa os programas que faltan.
4. Completa o mapa mental, formado por un nó central chamado "Menú de aplicacións". Deste nó colgan as categorías de programas da maqueta Abalar, completando como mínimo dúas delas: Gráficos e Ciencias, aínda que podes engadir as que desexes. De cada unha das categorías deben de colgar a súa vez os diferentes programas. Por exemplo de Ciencias colgarían: Stellarium, Avogadro, etc. (Non é necesario engadir imaxes, nin notas.)
5. Exporta o documento como unha imaxe (png ou jpg) na ruta: Ficheiro>exportar>como...
6. Entrega o ficheiro de imaxe exportado con FreeMind a esta tarefa.
13. As copias de seguridade
14. Traballo por proxectos e medoloxías colaborativas con Agueiro
1. O portafolio dixital. Agueiro
a. Gardar ficheiros e crear un portafolios dixital en Agueiro