libreoffice

Para Debian ou Ubuntu 32

#!/bin/bash
# You must have root privelages to run this script (use sudo)
if [ `id -u` -ne 0 ]; then                        # Checks to see if script is run as root
    echo "This script must be run as root" >&2            # If it isn't, exit with error
    exit 1
fi
apt-get purge libreoffice*
apt-get remove libreoffice*
cd /tmp/
mkdir libreoffice
cd libreoffice
wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/5.3.3/deb/x86/LibreOffice_5.3.3_Linux_x86_deb.tar.gz
wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/5.3.3/deb/x86/LibreOffice_5.3.3_Linux_x86_deb_langpack_gl.tar.gz

wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/5.3.3/deb/x86/LibreOffice_5.3.3_Linux_x86_deb_helppack_gl.tar.gz
tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*_Linux_x86_deb.tar.gz
cd LibreOffice*/DEBS/
dpkg -i *.deb
tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*langpack_gl.tar.gz
cd LibreOffice*/DEBS/
dpkg -i *.deb
tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*helppack_gl.tar.gz
cd LibreOffice*helppack_gl/DEBS/
dpkg -i libobasis*.deb
rm -R /tmp/libreoffice

Para Debian ou Ubuntu 64

#!/bin/bash
# You must have root privelages to run this script (use sudo)
if [ `id -u` -ne 0 ]; then                        # Checks to see if script is run as root
    echo "This script must be run as root" >&2            # If it isn't, exit with error
    exit 1
fi
apt-get purge libreoffice*
apt-get remove libreoffice*
cd /tmp/
mkdir libreoffice
cd libreoffice
wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/5.3.3/deb/x86_64/LibreOffice_5.3.3_Linux_x86-64_deb.tar.gz
wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/5.3.3/deb/x86_64/LibreOffice_5.3.3_Linux_x86-64_deb_langpack_gl.tar.gz
wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/5.3.3/deb/x86_64/LibreOffice_5.3.3_Linux_x86-64_deb_helppack_gl.tar.gz
tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*_Linux_x86-64_deb.tar.gz
cd LibreOffice*/DEBS/
dpkg -i *.deb
tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*langpack_gl.tar.gz
cd LibreOffice*/DEBS/
dpkg -i *.deb
tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*helppack_gl.tar.gz
cd LibreOffice*helppack_gl/DEBS/
dpkg -i libobasis*.deb
rm -R /tmp/libreoffice





aula

A primeira versión de Atio foi feita no servizo Sites de Google, no ano 2008, concretamente o 3 de decembro. Nese momento traballaba no CPI Cabo da Area de Laxe. Decidira que todo o material que creara debería de ser libre e estar á disposición de todos. Obviamente tendo presente que a calidade do que deixaba era cuestionable, como o segue sendo no presente.

Aquela decisión foi introducíndome de cheo no software libre. Abandonei o software privativo de forma completa e comecei o camiño con GNU Linux. E aquí sigo, sabendo o mesmo que cando comecei: nada. Cada porta que abres neste hotel lévate a miles de corredores, con miles de portas. Pero o interesante é que a forma de pensar segue sendo a mesma: compartir o que vou aprendendo.

https://sites.google.com/site/martindetecnoloxia/





En linux podemos ter unha réplica do

nosos sistema nun lapis usb, é dicir un clon do noso disco duro no lapis, podendo facer todo exactamente igual. Finalidades pode ter varias:

  1. Un backup de seguridade con tódalas nosas configuracións do sistema

  2. Un usb para facer diferentes probas, como pode ser un cambio de escritorio, de kernel, etc. Así probaríanos na distribución do lapis, e no caso de estropealo,  non teríanos máis que volvelo a crear.

Procedemento. Analizamos cantas particións temos feitas no noso sistema. Debemos de crear as mesmas no noso usb. Non ten porque ter o mesmo tamaño. O caso máis habitual é que teñamos unha partición en formato ext4 para o sistema e outra partición para a memoria de intercambio swap.

Inserimos o usb e creamos as particións. Voume centrar no caso máis sinxelo: dúas particións: ext4 e swap. Para crelas podemos facelo con fdisk ou ben co gparted (máis sinxelo o segundo caso).

Entón temos o noso equipos encendido, co lapis inserido no porto usb (e non reiniciamos desde o lápis ata que se diga). Imaxinemos que o disco duro ten dúas particións /dev/sda1 (ext4, onde está o sistema operativo /) e a partición de intercambio /dev/sda2 (swap). E no lápis temos /dev/sdb1 (ext4) e /dev/s

Executamos o script BackupSistema.sh. Debemos de gardalo nunha carpeta do equipo, e darlle permisos de execución.

chmod +x BackupSistema.sh

executámolo desde root (su root), sinalando a unidade orixe onte temos instalado no noso sistema operativo e a unidade destino, que será a do usb. Esto só o facemos para a unidade do sistema, non para a swap.

./BackupSistema /dev/sda1 /dev/sdb1

Tarde un cacho, pois ten que facer o backup no usb. Unha vez que remata temos que arreglar o grub, pois se non o facemos non arrancaría. Podemos valernos das seguintes instrucións (non fun quen de montalo nun script unha vez que o script entra en chroot deixa de executar as seguintes instrucións. Imaxino que creando o script coas instrucións finais no usb e chamado desde este irá, pero pouco aforramos.):

(indicamos a unidade do usb, no noso exemplo /dev/sdb1)

mount /dev/sdb1 /mnt

mount --bind /dev /mnt/dev

mount --bind /dev/pts /mnt/dev/pts

mount --bind /proc /mnt/proc

mount --bind /sys /mnt/sys

chroot /mnt

grub-install --recheck /dev/sdb

update-grub2

exit

Faltaría por amañar o /etc/fstab. Se copiamos este ficheiro, para un sistema sinxelo como do que estamos a falar debería de valer. Simplemente copiadelo en /etc/

Reiniciamos

Se non quedara ben o fstab, despois de arrancar o sistema desde o lapis, poderíase pasar o seguinte script, que nos configura ben o fstab polos número uuid





O seguinte titorial describe como instalar un Drupal 8 en modo multisite en Dinahosting. Imaxino que poderá funcionar tamén para otros servidores compartidos

O primeiro que debemos de decidir é se queremos ter unha soa base de datos ou compartir a mesma para todos os sitios do multisite.

  1. Instalamos un drupal 8. Para iso podemos empregar o drush, tal e como expliquei na entrada: http://blog.atio.es/node/8

  1. Unha vez rematada a instalación, debemos de facer un backup da base de datos do drupal a un ficheiro sql. Podemos facelo desde phpMyAdmin, dentro do portal de Dinahosting. Para iso vamos ao apartado de Mysql, abrimos o phpMyAdmin da base de datos empregada e vamos ao apartado exportar.

Teremos un ficheiro que podemos gardalo co nome backup_mysql_drupal.sql

Subimos este ficheiro ao servidor. Por exemplo podemos gardalo na carpeta bin, ou en calquera outra. Para subilo podemos facelo c

on scp, por exemplo:

scp backup_mysql_drupal.sql user@servidor.es:bin

  1. Seguidamente debemos de crear tantas carpetas como sitios queremos ter activos. O máis cómodo é facelo por ssh.

ssh usuario@servidor.es

cd ~/www/drupal/sites

mkdir sitio1 sitio2

Os nomes, deben de corresponder cos que queiramos empregar no subdominio. Se por exemplo no subdominio queremos algo así:

http://xoel.servidor.es

entón a carpeta que creamos dentro do drupal, debería de chámarse xoel

cd ~/www/drupal/sites

mkdir xoel

  1. Aínda que non teño demasiado claro se é necesario, dentro de cada carpeta creada debemos de crear as seguintes:

cd ~/www/drupal/sites/xoel

mkdir files modules themes tmp

  1. Copiamos da carpeta /www/drupal/sites/default, os ficheiros settings.php e default.services.yml na carpeta do novo sitio creado. No caso de default.services.yml cambiámoslle o nome por services.yml no novo cartafol.

cd ~/www/drupal/sites/default

cp settings.php ../xoel

cp default.services.yml ../xoel/services.yml

  1. Dentro de /www/drupal/sites hai un ficheiro chamado example.sites.php. Renomeámolo por sites.php

cd ~/www/drupal/sites/

ms example.sites.php sites.php

  1. Editamos o ficheiro sites.php. Nel engadimos un array dos diferentes sitios que temos no drupal

nano sites.php

E pegamos nel co seguinte contido, imaxinado que crearamos tres sitios: sitio1, sitio2, xoel. Para pegar ou copiar no terminal podemos facelo con Shift+Control+C ou Shift+Control+V

<?php

$sites = array(

      'sitio1.atio.es' => 'sitio1',

      'sitio2.atio.es' => 'sitio2',

    'xoel.atio.es' => 'xoel',

);

Preta moita atención ás comiñas!

Para saír do editor nano, prememos en Control+x e seguidamente en Y para salvar o cambios.

8. Entramos no portal de Dinahosting e vamos ao apartado de dominios. Dentro deste apartado dirixímonos ao subapartado subdominios.

Creamos 3 subdominios que apuntan ao cartafol no cal temos a instalación de Drupal

sitio1.servidor.es  www/drupal

sitio2.servidor.es  www/drupal

xoel.servidor.es  www/drupal

9. Tamén desde o portal de Dinahosting, vamos ao apartado de Mysql e creamos tantas bases de datos como espacios creemos. Debemos de indicar o nome da base de datos, o usuario e contrasinal.

Por exemplo, podemos poñer os seguintes datos:

base de datos: xoel_servidor

utente: user_xoel_servidor

contrasinal: Pass1234

Fixámonos que hai un check xusto embaixo que serve para importar unha base de datos xa existente.

10. Volvemos á carpeta xoel (para o resto de carpetas deberíanos de facer o mesmo):

cd ~/www/drupal/sites/xoel

dámoslle permisos de escritura:

chmod 700 settings.php

e editamos settings.php

nano settings.php

Desprazámonos ata o final do ficheiro ata que atopamos o apartado no cal se configura a base de datos. Engadimos os datos do apartado 9

$databases['default']['default'] = array (

 'database' => 'xoel_servidor',

 'username' => 'user_xoel_servidor',

 'password' => 'Pass1234',

 'prefix' => '',

 'host' => 'localhost',

 'port' => '3306',

 'namespace' => 'Drupal\\Core\\Database\\Driver\\mysql',

 'driver' => 'mysql',

);

11. Debemos de instalar o módulo Devel. Se non o temos instalado o Drupal liase cos enderezos, por mor da caché. Por exemplos se vamos a xoel.servidor.es/user/login, danos erro, decindo que non atopa o enderezo.

Para instalalo entramos co seguinte enderezo:

http://servidor.es/drupal

O enderezo do módulo devel é:

https://ftp.drupal.org/files/projects/devel-8.x-1.0-beta1.tar.gz

Tamén debemos de limpar a caché. Iso facémolo  desde o terminal e empregando o drush

drush cache-rebuild





Procedemento para a instalación de Drush nun servidor colaborativo como Dinahosting

Temos que ter unha versión de php 5.6 ou superior. No panel de control  podemos activar a versión de php que desexemos. Se non temos a opcion “Configurar php” ao lado de autoinstalables, debemos de facer unha migración do servidor, picando en storm (o proceso leva un bo anaco, pois consiste nunha migración de máquina)

accedemos por ssh

ssh usuario@servidor.com

 

1. INSTALACIÓN DE COMPOSER

curl -sS https://getcomposer.org/installer | php

mkdir ~/bin

mv composer.phar ~/bin/composer.phar

cd ~/

Creamos un alias as composer. Para iso creamos o profile de bash

touch .bash_profile

nano ~/.bash_profile

alias composer="php -d suhosin.executor.include.whitelist=phar ~/bin/composer.phar"

source ~/.bash_profile

comprobamos que funciona:

composer

 

2. INSTALACIÓN DE DRUSH

cd ~/bin

mkdir drush

descargamos a última versión de drush

git clone https://github.com/drush-ops/drush.git ~/bin/drush

cd drush

composer install

Configuramos a versión de Drush por defecto a Drush 8

cd ..

mkdir ~/bin/drush8

composer require "drush/drush:8.*"

Creamos un alias á version drush8

alias drush='~/bin/drush8/vendor/bin/drush'

comprobamos que funciona

drush --version

Procedemos coa instalación de drupal 8. Antes de nada debemos de crear a base de datos desde o panel de control de dinahosting. Seguidamente podemos empregar os seguintes comandos:

Instalación

cd ~/www

drush -y dl drupal-8

mv drupal8* /www/carpetaweb

Instalación de módulos:

drush -y en bootstrap
drush -y en imce

Asignamos permisos de seguridade

chmod 755 ~/www/carpetaweb/sites/default/settings.php
chmod -R 777 ~/www/carpetaweb/sites/default/files





Atio precisaba dunha remodelación. Un cambio. Fai anos que o pide, e creo que chegou o momento, abrindo así o ano 2017. O blog será a entrada principal de Atio. Neste publicarei temas que puideran ser de interese para a comunidade educativa, fundamentalmente as relacionadas coas tics e co software libre. A súa vez ire creando diferentes páxinas web, cando sexa necesario. A tecnoloxía empregada para todo espazo web será Drupal 8.

As intencións son as de sempre, pasalo tempo aprendendo. Quizais o coñecemento e o espazo sexan os únicos que quedan por explorar.

Agardo que sexa de proveito!