Xa estamos de volta das vacacións. Continúo coa labor dos cursos anteriores, a de difundir pequenos manuais para aprender curiosidades do software libre, á vez que enredamos co equipos informático no tempo de lecer. Aínda que non recibo ningún tipo de feedback (martindetecnoloxia@gmail.com), agardo que vos guste a temática e pasedes un cacho agradable neste espazo web. Sen máis metémonos coa materia:

Moitas veces gustaríanos contar cunha máquina para probar distintas configuracións, instalar e desinstalar sen medo a danar  o sistema operativo, etc. No caso de ser docentes da materia de informática, é probable que queirades ensinar diferentes sistemas operativos, configuracións de rede, etc. Coa axuda as máquinas virtuais o alumnado pode instalar e probar distintas distribucións, administrándoas da maneira que desexen. Vexamos con se instala o xestor de máquinas virtuais Virt Manager, que destaca pola súa simplicidade.

1. Instalación en Debian

No caso de Debian o proceso de instalación do Xestor de Máquinas, Virtuais Virt-Manager, resulta moi sinxelo:

sudo apt install virt-manager

E seguidamente, engadiremos as contas de usuario que desexamos que poidan crear diferentes máquinas virtuais.

sudo usermod -a -G libvirt usuario

2. Instalación en Arch Linux

Para Arch Linux a instalación non é tan sinxela, pero contaremos con dous tipos de contenedores diferentes, o LXC e o QEMU/KVM

sudo pacman -Syy
sudo pacman -S archlinux-keyring
sudo pacman -S qemu virt-manager virt-viewer dnsmasq vde2 bridge-utils libguestfs
sudo usermod -a -G libvirt $(whoami)
sudo systemctl enable libvirtd.service
sudo systemctl start libvirtd.service
comprobamos que o servizo está activo:
sudo systemctl status libvirtd.service

Activamos e configuramos por defecto a rede network 'default'

sudo virsh net-autostart default
sudo virsh net-start default

3. Funcionamento básico

Podemos crear as máquinas que desexemos, incluso clonalas. e pinchando en Editar > Detalles da  máquina virtual, visualizamos o escritorio da mesma.

Coa axuda do terminal podemos consultar a ip da máquina virtual, e coñecida esta, podemos conectarnos á mesma desde a máquina anfitrión coa axuda de SSH ou transferir ficheiros con SCP, por exemplo:

ssh root@192.168.122.4

Chaotic é un ferramenta que permite a instalación dalgúns paquetes AUR como se fosen paquetes pacman. Resulta moi cómodo á hora de instalar algúns paquetes AUR.

pacman-key --recv-key FBA220DFC880C036 --keyserver keyserver.ubuntu.com

pacman-key --lsign-key FBA220DFC880C036

pacman -U 'https://cdn-mirror.chaotic.cx/chaotic-aur/chaotic-keyring.pkg.tar.zst' 'https://cdn-mirror.chaotic.cx/chaotic-aur/chaotic-mirrorlist.pkg.tar.zst'

Editamos o ficheiro pacman.conf

nano /etc/pacman.conf

e engadimos ao final do mesmo a seguinte liña:

[chaotic-aur]
Include = /etc/pacman.d/chaotic-mirrorlist

E actualizamos os repositorios

sudo pacman -Sy

1. Descargamos un vídeo:

https://atio.es/pub/mar.mp4

2. Coa axuda do explorador de ficheiros podemos analizar o peso do ficheiro. Podemos observar que ten un tamaño de 16.6 Mb

3. Abrímolo co HandBrake. Visualizamos as dimensións do vídeo e a relación entre ancho e alto

Neste exemplo podemos observar que o vídeo ten unha duración de 23 segundos, ten un tamaño de 1920x1080 píxeles e cunha proporción 16:9

4. A calidade é boa. Pero quizais excesiva para unha publicación ordinaria. En primeiro lugar os usuarios da páxina web non visualizarán o vídeo cun tamaño tan grande, pois ocuparía moito espazo na pantalla e segundo, terían que gastar moitos datos para visualizar un vídeo cun tamaño de tan só 23 segundos. Tendo en conta o anterior, pode que decidamos diminuír o seu peso facendo uns axustes básicos. Para isto empregamos o software HandBrake.

a. Clic na pestana Dimensions

b. Na columna central observamos  a resolución actual

Polo tanto, será nesta columna onde configuraremos as dimensións máximas do vídeo a publicar. Por exemplo, podemos escoller un formato normalizado en Resolución Limit de 576p PAL, e en Scaled size observamos que terá un tamaño de 720x576 px

Pero se na Resolución Limit escollemos a opción Custom (personalizada), podemos inserir as dimensións de forma manual. Introducimos o ancho desexado, por exemplo 520 px. Pero a aplicación non configura o alto, tendo en conta a proporción ancho alto (16:9), polo que podemos botar man dunha sinxela regra de tres e calcular o alto para que non se deforme o vídeo:

16 ________9
520________x

x=520*9/16= 292 px

Entón dispoñemos dunha configuración estándar e outra personalizada. Neste exemplo escollo a primeira opción a de 576p PAL.

c. Se o desexamos tamén podemos diminuír a calidade do son, co mesmo obxectivo: que pese menos o arquivo. Para isto pinchamos na pestana de Audio

E seguidamente pinchamos no lapis, que está no marxe dereito

No apartado Bitrate/Quality, baixamos a 96, por exemplo

d. Finalmente, configuramos o nome do ficheiro resultante no fondo da pantalla. A extensión que asigna o HandBrake é m4v en vez de mp4, pero funciona do mesmo modo. E despois se o desexamos podemos renomealo, aínda que non é necesario.

E configuramos o cartafol de saída. Por defecto é o de Vídeos

Pinchamos na icona de Start para crear un novo vídeo

e. Co botón dereito do rato, analizamos novamente o peso do ficheiro resultante

Polo que observamos o aforro é importante, pasamos de 16,6 Mb a 6,4 Mb.

4. Abrimos o vídeo con VídeoLan (VLC) e coa axuda do capturador de pantalla gardamos unha imaxe singular do vídeo e dun tamaño aproximado ao que terá no vídeo (720*576), pero sen preocuparnos se é algo máis grande. Esta imaxe será o poster, é dicir, trátase dunha imaxe que o navegador sempre renderizará, sen necesidade de comezar a descargar o vídeo. Esteticamente mellor moito a aparencia da páxina, pois non se ven ocos sen información. No meu caso emprego o programa Spectacle para facer as capturas.

E gardamos a captura co nome que desexemos. No meu caso, chamareille mar_poster.png

Polo tanto e ata o momento dispoñemos de dous ficheiros, mar_b.m4v e mar_poster.png

5. Abrimos o Drupal, e creamos unha nova publicación de tipo Páxina, por exemplo. Para iso pinchamos en Crear contido > páxina. Inserimos o nome da páxina e seleccionamos a categoría e o termo.

a. Dirixímonos a Ficheiros adxuntos e subimos aos servidor os dous ficheiros creados ata o momento. Pinchamos en Navegar, procuramos un dos ficheiros e clic en Adxuntar. Repetimos o proceso co outro ficheiro

Unha vez que subamos os dous ficheiros visualizaremos a pantalla do seguinte xeito. En cor morado destaco as url públicas dos dous ficheiros.

Copiamos a un editor de texto plano: Gedit, MousePad, Kate, etc, ou ben nun editor de código como o Visual Studio Code o seguinte código HTML5.

O teu navegador non soporta este vídeo.

Substituímos a url do póster e a do vídeo polas que visualizamos na pantalla anterior destacadas en cor morada.

Queda neste caso, algo así. Copiámolo ao portapapeles

O teu navegador non soporta este vídeo.

b. Seguidamente pinchamos en Disable rich-text ou en HTML. Pegamos o código anterior e seguidamente pinchamos en gardar. Cada vez que o abramos, o propio Drupal fará cambios no código e deixará de funcionar, polo que teremos que pegar novamente o código

E en base ao anterior, como faríamos para introducir antes do vídeo un título e un parágrafo?.

Temos dúas opcións:

a.Introducimos todo o texto antes do vídeo e xunto previo a gardar pegamos o código do vídeo en html.

b. Empregar un editor de código ou texto plano. Escribimos o código HTML para o título e para o texto. Por exemplo, editamos algo así:

Pregunto aos homes e ás mulleres do noso mar

Mariñeiros de Viveiro,

Fisterra, Caión, Malpica,

Pontevedra, Arousa, Vigo,

Noia, A Coruña, Muxía,

pescadores e peixeiras,

mariscadoras das rías

¿de quen son os areeiros

e os cons e faros e as illas?

¿de quen o verdello, a area,

os laños, as ardentías,

e as nécoras e centolas

e rodaballos e minchas,

Decídeme de quen son

praia, areas, augas, rías...

Bernardino Graña

O teu navegador non soporta este vídeo.

E o resultado pode ser o seguinte:

Pregunto aos homes e ás mulleres do noso mar

Mariñeiros de Viveiro,

Fisterra, Caión, Malpica,

Pontevedra, Arousa, Vigo,

Noia, A Coruña, Muxía,

pescadores e peixeiras,

mariscadoras das rías

¿de quen son os areeiros

e os cons e faros e as illas?

¿de quen o verdello, a area,

os laños, as ardentías,

e as nécoras e centolas

e rodaballos e minchas,

Decídeme de quen son

praia, areas, augas, rías...

Bernardino Graña

Se desexamos mudar a configuración de pantalla no sistema operativos, podemos empregar a utilidade arandr

1. Abrimos o terminal

2. Executamos a orde arandr

usuario@debian:~$ arandr

3. En saídas, eliximos a nova configuración de pantalla. A modo de exemplo baixamos a resolución de pantalla, pero esta utilidade serviría para configurar dúas pantallas, rotalas, etc.

4. Unha vez configurada a nova resolución debemos de gardar a configuración dentro de /home/usuario/.screenlayout

5. Configuramos o Debian para que cargue o script no inicio da sesión. Para  iso dirixímonos ao Xestor de configuración >Sesión e inicio

6. Agregamos o script que xerou o arandr

Procuramos a ruta /home/usuario/.screenlayout/pantalla.sh

7. Ao reiniciar o equipo xa carga a configuración do script

1. Xestión de usuarios

No caso de que non teñamos a utilidade de "Usuarios e grupos" instalada, poderemos facelo instalando o paquete gnome-system-tools, ou co terminal ou co synaptic

root@debian:/home/usuario# apt install gnome-system-tools

a. Desde Usuarios e grupos

Pódense crear desde o terminal desde a aplicación Usuarios e grupos (Menú de aplicativos > Sistema > Usuarios e grupos)

1. Clic en Engadir (indicamos contrasinal de root)

2. Engadimos o contrasinal de acceso (mínimo 5 caracteres)

3. Clic en aceptar

4. Cando o usuario entre no sistema, copiarase o contido da carpeta /etc/skel en /home/pedro de maneira automática
b. Desde o terminal

root@debian:/home/usuario# adduser maria

Adding user `maria' ...
Adding new group `maria' (1003) ...
Adding new user `maria' (1002) with group `maria' ...
Creating home directory `/home/maria' ...
Copying files from `/etc/skel' ...
Enter new UNIX password:
Retype new UNIX password:

Introduza o novo valor ou prema Intro para o valor por defecto
Nome completo []: María Lema

2. Xestión dos cartafoles e ficheiros

A estrutura de directorios de Linux

A organización dos directorios en Linux ten unha estrutura xerárquica en forma de árbore a partir dun directorio principal ou raíz.

Esta estrutura é radicalmente diferente á empregada en sistemas operativos Windows, onde a cada unidade ou partición se lle asigna unha letra do alfabeto. Así, a partición na que se instala o sistema operativo recibe o nome de "C",  o CD/DVD normalmente "D", e as demAis particións ou dispositivos de almacenamento extraíbles "E", "F", "G"...

Para o que nos interesa neste momento, os directorios máis importantes son os seguintes:

/media: Directorio que contén os puntos de montaxe dos medios extraíbles de almacenamento, tales como Pendrives (memorias USB), lectores DVD/CD-ROM ou outras particións do disco duro. Así pois, os nosos pendrives serán accesibles por medio deste directorio.
/home: Directorio que contén os arquivos persoais de cada usuario (documentos, música, vÍdeos, Descargas, Escritorio, etc), de xeito similar a "Os meus Documentos" de Windows. Tamén contén os ficheiros de configuración para cada usuario. Moitos destes ficheiros de configuración son ocultos, e o seu nome comeza por un punto "."

Creación de ficheiros e carpetas

Un usuario só pode crear cartafoles ou ficheiros dentro do seu home. No caso de que o usuario se chame usuario, poderá escribir en /home/usuario

1. Crea unha carpeta en /home/usuario/Descargas, chamada Apuntamentos. Dentro desta carpeta crear outra chamada Tema_01

2. Move a carpeta de /home/usuario/Descargas/Apuntamentos a /home/usuario/Escritorio/Apuntamentos (atallo de teclado Ctrl + x)

3. Renomear a carpeta Tema_01, co nome Resumo

4. Borrar a carpeta /home/usuario/Escritorio/Apuntamentos

5. Eliminamos os ficheiros do lixo

Clic en Ficheiro > Baleirar lixo

imaxes by: by: https://cemit.xunta.es

Ficheiros no usb

1. Formateamos o lápis usb. Para isto inserimos o usb nun porto usb. Abrimos a aplicación gparted

Escollemos a unidade (arriba á dereita)

Seleccionamos no cadro inferior a unidade e co botón dereito do rato escollemos a opción "Formatar como"

No caso de querer traballar só con Linux escolleremos un tipo de formato ext4. No caso de querer empregar o lápis tamén no sistema operativo Windows, elixiremos a opción fat32

2. Abrir o lápis no thunar e analizar onde se monta a unidade

Nada máis inserir o usb no porto correspondente, automaticamente aparece a unidade no explorador. Neste exemplo aparece coa etiqueta da unidade "TOSHIBA"

Ao pinchar na unidade, ábrese o contido no explorador, e podemos ver o seu contido

Ademais, a unidade móntase na estrutura de directorio do sistema operativo, concretamente neste caso en /media/usuario/TOSHIBA. Podemos acceder a esta ruta tamén pinchando en "Sistema de ficheiros" e dirixirnos á ruta /media/nomedousuario/TOSHIBA

Visualizar arquivos e carpetas ocultas

En ocasións é moi interesante que algúns dos ficheiros de configuración do usuario permanezan en modo oculto, para evitar o seu borrado. Pero á súa vez precisamos acceder a eles para poder modificalos.

1. Visualizalos deste o xestor de ficheiros

Abre a carpeta /home/usuario

No teclado preme a combinación de teclas Ctrl + h. Deste xeito podemos observar os ficheiros e cartafoles de configuración do usuario .config ou .local, entre outros

Acceder aos ficheiros e cartafoles con permisos de root

Hai moitos ficheiros e cartafoles que están protexidos polo sistema operativo. No caso que o borrásemos ou cambiásemos de forma involuntaria, o sistema operativo deixaría de funcionar ou ben funcionaría de maneira de maneira irregular. É moi importante traballar con usuarios que non teñan permisos de administrador, e só entrar con un usuario con estes privilexios só cando sexa imprescindible.

1. Abrimos o terminal

2. Logueámonos como root

usuario@debian:~$ su root

3. Abrimos o thunar, pero con permisos de root

root@debian:/home/usuario# thunar

Agora poderemos abrir, copiar ou borrar calquera ficheiros ou cartafol do sistema, coas consecuencias que isto supón.

Se o desexamos tamén podemos abrir o nautilus con permisos de root

root@debian:/home/usuario# nautilus

Comprimir e descomprimir ficheiros

Podemos empregar o asistente para Comprimir e descomprimir de maneira visual. Para comprimir facemos un clic co botón dereito do rato enriba do cartafol a comprimir:

Eliximos o tipo de ficheiro comprimido que desexamos empregar: zip, rar, gz, tar, tar.gz, etc. Se queremos enviarlle o ficheiro comprimido a unha persoa que sexa usuaria do sistema operativo de Microsoft Windows, quizais o mellor será comprimilo ficheiro en formato zip, ao ser un estándar moi empregado.

Para descomprimir, novamente botón dereito do rato e eliximos a opción  Extraer aquí ou ben Extraer en, que queremos descomprimilo noutra carpeta:

Comprimir co terminal

É unha boa opción no caso de queres compartir os ficheiros con usuarios que empreguen o sistema operativo Microsoft Windows e macOs

Podemos facelo, como sempre desde a interface gráfica, premendo no botón dereito do rato, ou tamén co terminal.

1. Accedemos a Descargas e borramos a carpeta cursoLinux. A podémolo facer de varios xeitos:

Botón dereito do rato e escoller a opción "Mover ao lixo"
Premer na tecla "Supr" do teclado
Acceder ao terminal, ir á carpeta Descargas e borrar a carpeta coa orde rm -r cursoLinux

cd /home/usuario/Descargas

rm -r cursoLinux

2. Tamén borramos o ficheiro comprimido

3. Imos ao Lixo e recuperamos a carpeta borrada no paso nº1

4. Comprir co terminal a carpeta creada no execicio 1 (cursoLinux).

usuario@debian:~/Descargas$ zip -r cursoLinux.zip cursoLinux

5. Borrar a carpeta cursoLinux

usuario@debian:~/Descargas$ rm -r cursoLinux

6. Descomprimir o ficheiro comprimido cursoLinux.zip

usuario@debian:~/Descargas$ unzip cursoLinux.zip

Procurar ficheiros, cartafoles e textos

1. O explorador de ficheiros Nautilus

A maqueta Abalar, ademais de ter instalado o explorador de ficheiros Thunar, tamén ten o Nautilus. Se nunha distribución non o tivera, pódese instalar de maneira moi sinxela desde o Synaptic ou co terminal:

root@debian:/home/usuario# apt install nautilus

Para abrilo, podemos facelo desde terminal:

usuario@debian:~$ nautilus

E se queremos abrilo con dereitos de root, para escribir en calquera cartafol do sistema operativo:

usuario@debian:~$ nautilus

root@debian:/home/usuario# nautilus

Se queremos facer unha procura no nautilus, facemos clic na lupa

No caso de visualizar todos os ficheiros pdf que temos no cartafol persoal (/home/usuario) procederemos do seguinte modo:

2. Explorador de ficheiros Thunar

A aplicación Thunar, por defecto, non conta cun buscador de ficheiros. Por este motivo debemos de engadirlle esta funcionalidade. Para iso valémonos da utilidade catfish

1. Instalamos a utilidade catfish

a. Terminal

root@debian:/home/usuario# apt install catfish

b. Synaptic

2. Engadimos a utilidade a Thunar, no menú Editar

Engadimos unha acción nova

Engadimos a instrución catfish --path %f. Escollemos unha icona representativa (en Iconas das accións dispoñemos de system-search)

En condicións de aparición marcamos todos os check

Agora en calquera carpeta dentro do thunar, ao pulsar no botón dereito do rato, aparecerá a opción "Procurar"

O funcionamento é similar ao buscador do nautilus

Gnome Search Tool

O gnome-search-tool é unha ferramenta moi sinxeliña que sirve tanto para procurar ficheiros e cartafoles como para buscar textos dentro de ficheiros.

Para empregalo, hai que abrir o terminal e  escribir o seu nome (en seguintes prácticas crearemos un lanzador desde o menú)

usuario@debian:~$ gnome-search-tool

Se non abre a aplicación, deberás de instalalo. Para iso, como sempre, podes empregar o synaptic ou desde o terminal:

root@debian:/home/usuario# apt install gnome-search-tool

Procurar ficheiros co terminal

1. locate

A orde locate procura ficheiros nunha base de datos dos sistema. É conveniente actualizala para que aparezan os últimos ficheiros engadidos ao sistema

root@debian:/home/usuario# updatedb

O funcionamento é moi sinxelo

usuario@debian:~$ locate .pdf

2. find

O comando find ten moitísimas posibilidades. Se queremos buscar todos os ficheiros pdf dentro dunha carpeta podemos executar a seguinte instrución:

usuario@debian:~$ find /home/usuario -iname '*.pdf'

Procurar un texto dentro dos ficheiros
1. grep -lir

O l serve para que imprima o nome dos ficheiros, i para ignorar se está en maiúscula ou minúscula e r para buscar de maneira recursiva dentro das carpetas

usuario@debian:~$ grep -lir "linux" *

Drupal está en constante evolución e mellora, e por iso teremos que actualizar periodicamente de versión. Neste exemplo explico como migrar de Drupal 8 á versión 9 de maneira bastante sinxela. Pero iso non quita que poden aparecer problemas e teremos que completar este método xenérico coa información que atopamos na rede. Ao gran e ánimo!

Paso 1. O primeiro é facer unha copia de seguridade na máquina orixe

No caso de Digital Ocean, dispoñemos dunha magnífica ferramenta para facer unha copia de seguridade. Entramos na configuración do droplet e pinchamos en Snapshots

E pinchamos en Take live snapshot, despois de darlle o nome desexado

Se algo sae mal no proceso de migración, sempre podemos restaurar a versión orixinal pinchando en Restore Droplet

Paso 2. Instalación de Composer e Drush

Podes consultar como se instala aquí: https://blog.atio.es/node/444

Paso 3. Instalación do módulo upgrade_status

Instalamos o módulo upgrade_status. Esta utilidade serve para indicarnos se os módulos que temos instalados no Drupal 8.0 non compatibles ou non na versión 9.0. Sen embargo para que este módulo funcione estamos obrigados a cambiar o core do Drupal que estamos empregando por unha versión de desarrollo, dev. Sen embargo esta aplicación é útil neste caso pois o salto entre unha versión e a outra é moi importante, pero nas seguintes actualizacións prescindiremos do upgrade_status.

a. Descargamos a versión 8.9.x-dev e descomprimímola. Podemos atopala na web drupal.org

wget https://ftp.drupal.org/files/projects/drupal-8.9.x-dev.zip

unzip drupal-8.9.x-dev.zip

b. Do cartafol onde teñamos aloxada a nosa páxina Drupal borramos o cartafoles vendor e core así como todos os ficheiros

rm -r vendor core
rm *

c. E do cartafol drupal-8.9.x-dev copiamos os cartafoles e fichieros que acabamos de borrar. É dicir no cartafol que tiñamos en funcionamento substituímos os cartafoles vendor e core, así como todos os ficheiros polos da versión 8.9.x-dev

cp -rp vendor core ../web
cp * ../web

d. Se abrimos no navegador a páxina que estamos migrando, funcionará e ao pinchar en Informes > Informes de estado, veremos que estamos empregando o novo core.

e. Instalamos o módulo upgrade_status

composer require --dev drupal/core-dev:8.9.x-dev –update-with-all-dependencies

No caso de non ter claro cal é a versión de core, podemos consultala coa seguinte instrución:

composer show drupal/core | grep versions

e instalamos na estrutura de cartafoles o upgrade_status

composer require drupal/upgrade_status

Finalmente pinchamos en estender e na lapela Lista, procuramos o módulo e clic en instalar

Paso 4. Consultamos o informe de Upgrade_status

Pinchamos en Informes > Upgrade status

Paso 5. Requirimentos

Teremos que cumprir unha serie de requirimentos. E para actualizalos iremos consultando varias páxinas web.

E no caso dos módulos instalaremos as últimas versións coa axuda do Composer. A metodoloxía de traballo que emprego eu é ir pouco a pouco.

a. Procuro a última versión do módulo que queremos instalar. Empregamos o buscador de drupal.org

https://www.drupal.org/project/project_module

b. Accedo ao cartafol onde está o drupal

cd /var/www/html/drupal

c. E vou instalando coa axuda de Drush no terminal

composer require 'drupal/addtoany:^1.16'
composer require 'drupal/back_to_top:^2.0'
composer require 'drupal/better_search:^1.6'
composer require 'drupal/bricks:^2.0'
composer require 'drupal/context:^4.1'
composer require 'drupal/responsive_menu:^4.4'
composer require 'drupal/eck:^1.0@beta'
composer require 'drupal/imce:^2.4'
composer require 'drupal/inline_entity_form:^1.0@RC'
composer require 'drupal/memcache:^2.3'
composer require 'drupal/pdf:^1.1'
composer require 'drupal/taxonomy_menu:^3.5'
composer require 'drupal/xmlsitemap:^1.2'
composer require 'drupal/bootstrap_business:^1.0@beta'
composer require 'drupal/d8w3css:^2.0'

d. Despois de instalar, veremos que a maioría dos módulos non se verán actualizados no informe de upgrade status. O que temos que facer é entrar por ssh e ir ao cartafol dos módulos e proceder  a borrar os módulos de web/modules. Sen embargo non borres todos, vaite aos poucos, pois é posible que borres un módulo que si é necesario e despois aparece un erro ao abrir o Drupal. E ademais o que fago despois de borrar cada módulo é executar o orde:

drush cr

ou o seu equivalente ir a Configuración > Rendemento > Baleirar todas as cachés

e. É posible que algún módulo incompatible coa versión Drupal 9 non cho deixe instalar porque ten campos asociados. Neste caso podes facelo directamente na base de datos coa axuda das instrucións:

drush sqlq "DELETE FROM cache_config"
drush sqlq "DELETE FROM config WHERE name = 'field.storage.node.field_iframe' OR data LIKE '%field.storage.node.field_iframe%'"

Unha vez executadas estas instrucións, desinstalas o módulo de forma ordinaria desde Estender > Desinstalar

Seguiremos co proceso ata obter un 100% de compatibilidade no informe de compatibilidade

Paso 6. Instalación do core 9.x

Unha vez que pasas o test de upgrade-status, descargamos o core da versión 9, nese caso descarguei a última a 9.3.11, descomprimimos. Borramos os cartafoles vendor e core e os ficheiros, tal e como fixemos no paso 3 da versión instalada. E copiamos vendor, core e os ficheiros do novo core, tal e como fixemos no apartado e, pero obviamente desde o core 9.3.11

Executamos as instrucións:

composer update
drush cr

E probamos. É posible que teñamos que instalar algún módulo a maiores. Por exemplo se aparece un erro como o seguinte:

The following theme is missing from the file system: jquery_ui in Drupal

Instalamos o módulo

composer require 'drupal/jquery_ui:^1.4'

E finalmente consultamos o informe de estado e comprobamos que xa empregamos a versión 9.x

Cando queremos aproveitar o traballo feito nun drupal antigo e queremos cambiar de hosting, é dicir, de servidor, estamos obrigados a aloxar a base de datos mysql na nova máquina física ou virtual no caso dos droplets. Este traballo pódese facer coa ferramenta phpMyAdmin. Sen embargo teremos que  modificar o php.ini a o nginx.conf no servidor destino para que non aparezan erros ao executar a importación.

Paso 1. Configurar php.ini

nano /etc/php/php.ini

E configuramos os seguintes parámetros, por exemplo deixándoos do seguinte xeito

max_execution_time = 360
memory_limit = 512M
post_max_size = 512M
upload_max_filesize = 512M

Paso 2. Configurar nginx.conf

nano /etc/nginx/nginx.conf

E engadimos a seguinte liña dentro do apartado http

client_max_body_size 10M;

Quedando do seguinte xeito:

http {
client_max_body_size 100M;

Paso 3. Exportar a base de datos desde o servidor orixe

Accedemos ao phpMyAdmin do servidor orixe. Accedemos á base de datos que desexamos exportar, e pinchamos en exportar

Tan só temos que pinchar en ir e gardar o ficheiro SQL no cartafol desexado.

Paso 4. Importar a base de datos no servidor destino

Creamos unha base de datos co nome desexado. Para iso pinchamos en New na columna da esquerda

Engadimos o nome da base de datos e clic en Create

Finalmente pinchamos en Importar, escollemos o ficheiro e clic en Go, ou Ir se o temos configurado en galego

O resto das opcións deixámolas coa configuración por defecto. Se todo vai ben, importaranos o ficheiro sql.

1. Que é Agueiro e que nos pode aportar?

Agueiro tal e como amosa a imaxe son tres cousas:

a. Un espazo onde gardar ficheiros, un servizo cun estilo parecido a un Drive de Google ou a un Dropbox. O alumnado pode subir os seus traballos, apuntes a ese cartafol. Deste xeito prescinden de empregar un lapis usb, ou de gardar os traballos no computador.

b. Agueiro permite a creación de páxinas web. Estas páxinas poden estar formadas polos ficheiros subidos ao espazo privado, por blogs ou contidos web. A forma de inserir os contidos nas diferentes páxinas é moi sinxelo. Para isto empréganse os artefactos. Ademais estas páxinas pódense compartir con outros usuarios, por exemplo co docente, para que poida facer unha avaliación continua do traballo.

c. Un sistema de foros e mensaxería interna.

2. En que se diferencia Agueiro de Drupal?

Drupal é un xestor de contidos para publicar na web e polo tanto, os contidos publicados son visibles por calquera usuario anónimo.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxedabarca/

Agueiro permite o mesmo se se desexa, pero tamén podemos limitar as publicacións facéndoas privadas, compartíndoas con outro usuario, cun grupo ou cunha comunidade.

3. En que se diferencia Agueiro de Moodle?

Moodle é unha aula virtual cun aspecto e unha forma de traballo moi organizada e unha estrutura bastante ríxida onde predomina unha transmisión do coñecemento do profesor ao alumno

Agueiro é un taller con  moitas ferramentas. É un taller un pouco especial, pois está pensado para que traballen os alumnos e alumnas e polo tanto a edición de contidos resulta moi sinxela. Sen embargo non está moi claro como se configura a transmisión do coñecemento, que ruta segue. O docente é un usuario máis e un guía.

Polo tanto son produtos distintos. Cada un céntrase nun aspecto e non compiten entre si.

4. Cuestión de privacidade

a. URL Pública (url secreta)

b. Compartir cun grupo ou cunha comunidade

c. Cun usuario específico, por exemplo co profesor ou profesora

5. O punto forte de Agueiro, a creación de grupos

6. Traballo por proxectos e metodoloxía colaborativa

Proxecto documental de centro, A nosa contorna do CEIP Labarta Pose

Traballo por proxectos na área de Tecnoloxía

Traballo de documentación

7. Un exemplo práctico.

a. Descargamos o ficheiro:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cracoristancosantacomba/system/files/Concurso_FAXFG%202022_0.m4v

b. Creamos un cartafol no espazo privado de Agueiro

c. Subimos o ficheiro ao cartafol

d. Creamos un portafolio e inserimos o vídeo

e. Creamos unha url secreta e comprobamos que funciona nunha xanela privada

f. Imos a espazo abalar e creamos un aviso a un grupo no que enviamos un pequeno texto e a ligazón.

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=P9nuODl6ScfBvob3TI7Y