cups

En ocasións, cando procuramos unha impresora ou fotocopiadora coa ferramenta cups (http://localhost:631), a aplicación atópao correctamente, sen embargo en connection o asígnalle lpd://KMA30E9F/ por exemplo. Sen embargo probamos a imprimir algo e a impresora non funciona.

A solución pasa por cambiar ese enderezo lpd://KMA30E9F/ por socket://10.42.68.241, é dicir socket e a ip da impresora. Cups non permite facer este cambio. Antes podíase ir a aplicación Printing ubicada en sistema, e ao pinchar en propiedades da impresora (botón dereito do rato), e modificar este parámetro. Sen embargo nas últimas versións de debian deixou de funcionar. Se borramos a impresora e a volvemos a engadir, serviranos para actualizar a ip, sen embargo non solucionamos o cambio de lpd a socket

Entón para cambiar isto debemos de editar o seguinte ficheiro:

#nano /etc/cups/printers.conf

Reiniciamos o servizo cups

#service cups restart

Se entramos novamente en cups, veremos que xa está modificada a dirección ip da impresora.