gnu

Creei un curso de introdución ao GNU/Linux, centrado no Debian XFCE, como pode ser a maqueta Abalar Libre, pero moitas das cousas poderían valer para outras distribucións, preferentemente as da familia Debian. A súa vez, serve de soporte didáctico á formación impartida no CEIP O AREAL de Camariñas en Xaneiro do 2018.

Esta é a ligazón: http://atio.es/linux/

Deixarei unha ligazón permanente no bloque das ligazóns, completando ás xa existentes. Como sabedes o sistema operativo Debian é moi extenso, motivo polo cal non son que de tratar moitas das súas temáticas. Intentei centrarme no que considero máis importante, o polo menos naquelas cousas que máis me preguntan no día a día. Con seguridade non está ao gusto de todos, pero tamén é certo que o irei completando e mellorando co tempo. Xa sabedes que podedes empregar os comentarios do blog para sinalar erros,melloras, etc. ou enviarme un correo electrónico se o desexades.