Recuperar un panel eliminado en XFCE

En ocasións, cando un equipo é empregando por múltiples persoas, especialmente no caso de rapaces, pode ocorrer que eliminen o panel no cal apace o menú de inicio, lanzandores, a icona da configuración do son, apagar o sistema, etc.

Co botón dereito do raton no escritorio, escollemos a opción "Abrir aqui unha terminal". Unha vez aberta a terminal escribimos a seguinte orde:

usuario@debian:~$ xfce4-panel --preferences

E aparece a ventana para engadir máis ou eliminar paneis e ademais permite engadir elementos aos paneis. Teremos que ir agregando as iconas perdidas.

 

panel

 

Outra maneira alternativa é a de restaurar o usuario, pero antes debemos de facer unha copia de seguridade dos ficheiros que teña nas diferentes carpetas do /home/usuario.

Saimos da sesión de usuario (alt + F4) e entramos como root. Para asegurarnos de que todos os procesos do usuario quedaron pechados executamos a seguinte instrución:

root@debian:~# pkill -KILL -u usuario

Eliminamos o usuario e borramos a carpeta /home/usuario

root@debian:~# deluser usuario

root@debian:~# rm -r usuario

Volvemos a crear o usuario usuario. Deste xeito copiará a configuración gardada na carpeta /etc/skel

root@debian:~# adduser usuario