opensankore

OpenSankoré é un programa libre para o manexo dos encerados dixitais. Sen embardo o seu desarrollo detívose fai  uns anos coa version 2.5.1. e no ano 2014. Recentemente o sitio oficial pechou, deixándonos sen este servizo. Sen embargo, podemos continuar descargando programa nun servidor non oficial:

http://laurent.bellegarde.free.fr/ubuntu/

Posteriormente xurdiu un fork de Sankoré moi interesante chamado OpenBoard. Podémolo descargar na seguinte ligazón:

openBoard

http://openboard.ch/download.en.html

Sen embargo non dispoñemos dunha versión para 32 bits, sendo todas para 64 bits.

Como instalar OpenBoard en Debian Stretch 32 bits

Para isto ímonos aproveitar do traballo realizado polo equipo de desenvolvemento de PrimTux. Trátase dunha fantástica distribución destinada aos máis pequenos. Está basada en Debian Stretch 9.2. https://primtux.fr/

primtux

O primeiro que debemos de facer é engadir o repositorio de primtux ao ficheiro de fontes:

usuario@debian:~$ nano /etc/apt/sources.list

deb http://depot.primtux.fr/repo/debs/ Primtux2-Stretch main

Engadimoso a clave gpg para asegurarnos que nos estamos comunicando co auténtico servidor de primtux:

wget -q -O key http://depot.primtux.fr/repo/debs/key/PrimTux.gpg.key

apt-key add key

Actualizamos e instalamos:

apt-get update

apt-get install openboard-stretch

Se quixeramos instalar o software en Debian Jessie, teríanos que engadir no ficheiros sources.list os repositorios de Stretch, actualizar e instalar o openboard-stretch, aceptando a instalación de moitas librerías e paquetes. Finalmente, despois deste proceso, tamén funciona en Jessie.

 

comentarios

Comentario

Boas Martín:
Intentei instalar OpenBoard no meu Debian Stretch, e parece instalar o OpenBoard, pero de 32. No terminal devolve a seguinte mensaxe: Descargados 6.288 B en 1s (5.595 B/s)
Leyendo lista de paquetes... Hecho
N: Omitiendo el uso del fichero configurado «main/binary-amd64/Packages» ya que el repositorio «http://depot.primtux.fr/repo/debs PrimTux2-Stretch InRelease» no admite la arquitectura «amd64»
Por certo, a url do repositorio é PrimTux2, non Primtux2, e así instala unha versión, penso que de 32: openboard-stretch:i386.
Ao final non o instalei, e probarei no portátil. Con Synaptic traga, pero antes de darlle a aplicar aparece en vermello o check de instalación. Finalmente non o instalei; como che dixen, vou probar no portátil cun sistema de 32 bit
Gracias
Saúdos

Comentario

Non me percatei de que esta entrada era para instalar o de 32 bits.
Eu son un eterno despistado.
Podes eliminar as miñas mensaxes.
Sorry
Saúdos