
En moitas ocasións desexamos dispor dunha aula virtual para facer probas. Sen embargo o proceso de instalación convencional resulta bastante pesado, xa que hai que instalar previamente un servidor Apache ou Nginx, php, mysql. Para axudarnos con este proceso dispoñemos de máquinas virtuais Docker.
1. Instalación de Docker
sudo apt update sudo apt install ca-certificates curl gnupg lsb-release curl -fsSL https://download.docker.com/linux/debian/gpg | sudo gpg --dearmor -o /usr/share/keyrings/docker-archive-keyring.gpg echo "deb [arch=$(dpkg --print-architecture) signed-by=/usr/share/keyrings/docker-archive-keyring.gpg] https://download.docker.com/linux/debian $(lsb_release -cs) stable" | sudo tee /etc/apt/sources.list.d/docker.list > /dev/null sudo apt update sudo apt install docker-ce docker-ce-cli containerd.io apt install docker-compose usermod -aG sudo usuario
2. Instalación de Portainer
Portainer é unha aplicación web que permite xestionar de maneira visual as máquinas Docker, complementando ao control que se poida facer a través do terminal.
docker volume create portainer_data docker run -d --name=portainer --hostname=portainer --network=host --restart=always -v /var/run/docker.sock:/var/run/docker.sock -v portainer_data:/data -e TZ='Europe/Madrid' portainer/portainer-ce
E xa podemos acceder a Portainer introducindo a seguinte dirección no navegador: http://localhost:9000. O primeiro que termos que facer é inserir un contrasinal para o usuario admin.
3. Instalación de Moodle
docker pull bitnami/moodle:latest curl -sSL https://raw.githubusercontent.com/bitnami/containers/main/bitnami/moodle/docker-compose.yml > docker-compose.yml docker-compose up -d docker network create moodle-network docker volume create --name mariadb_data
Como configuramos o porto de acceso como o 80, tan só poñendo a seguinte ulr no navegador xa accederemos ao Moodle. As credenciais por defecto son as seguintes:
usuario: user
contrasinal: bitname
Desde Portainer é conveniente configurar as Máquinas de Moodle de MaríaDB para que se reinicien sempre. Desta maneira contaremos coa aplicación Moodle ao reiniciar o equipo, por exemplo. Para facer isto hai que pinchar en cada máquina no apartado containers.
E nas políticas de reinicio escollemos o valor "Always", e prememos en "Update"