
Vine Ven é un programa desenvolvido pola Comunidade Valenciana para apoio da aprendizaxe do castelán deseñado para alumnado que descoñece a cultura e a lingua española e de recente incorporación ao sistema educativo. Malía estar programado para o sistema operativo Microsoft Windows, pódese facer funcionar na Maqueta Abalar.
1. Maqueta Abalar nos equipos E-Dixgal
No caso da maqueta Abalar dos equipos E-Dixgal, é preciso instalar a aplicación Wine. Para iso hai que dirixirse a Aplicativos > Sistema > Instalador de Wine
E aprece un aviso do tamaño que vai ocupar e danos unha idea de que o proceso non é inmediato. Dependerá do ancho de banda dispoñible
E hai que premer en Si, como parece lóxico. Ata que remata o proceso de instalación e aceptamos.
Ao rematar aparece un aviso indicándonos o método para executar un programa que dependa de Wine
2. Descagar o aplicativo Vine-Ven
https://ceice.gva.es/estatico/polin/publicaciones-en-linea/vine_ven.zip
3. Unha vez descargado hai que descomprimilo escollendo a opción "Extraer aquí" que aparece ao premer o botón dereito do rato.
4. A opción máis sinxela é abrir o cartafol e colocase enriba do ficheiro vine-ven.exe e co botón dereito do rato pinchar na opción: "Abrir con outro aplicativo" e seguidamente, "Wine Windows Program Loader" e finalmente premer no botón "Seleccionar"
5. Como o aplicativo aparecen en Valenciano (opción Vine) e en castelán (opción Ven), prememos nesta última, e comeza a execución do mesmo.
2. Maqueta Abalar libre
No caso de dispoñer dunha maqueta Abalar Libre, pódese facer todo o anterior, pero como podemos instalar programas, é posible que nos resulte cómodo instalar o programa Bottles.
1. Instalamos a aplicación flatpak, no caso en que non a teñamos instalada
apt install flatpak
2. Descargamos o paquete de instalación de Bottles
https://dl.flathub.org/repo/appstream/com.usebottles.bottles.flatpakref
3. Instalamos o paquete descargado
cd Descargas flatpak install com.usebottles.bottles.flatpakref
4. Iniciamos o aplicativo Bottles. Prememos en Aplicativos > Accesorios > Bottles
5. Clic en Seguinte unhas 3 veces ata que comeza a descargar uns ficheiros, ata que remata
6. Aparece unha nova fiestra. Pinchamos en crear unha botella nova
E escollemos o tipo de aplicación. Neste exemplo escollo Aplication. Inserimos un nome á botella e clic en Crear
O sistema comeza a crear a botella.
7. Ao rematar queda do seguinte xeito. Pinchamos na icona "Instalar exe/msi nesta botella"
Premer en Aplicación e seguindamente en Iniciar executábel
E seleccionamos o ficheiro vine_ven.exe que está no cartafol Descargas/vine_ven
Premer no botón Executar
Cando se abra o programa bottles (Aplicativos > Accesorios > Bottles), aparece un atallo ao programa.