Nas últimas versións de Debian aparece un erro no programa gDebi, un software como sabedes útil para instalar paquetes .deb en Debian. Aínda que dispoñemos unha maneira alternativa para instalar os paquetes deb a través do comando seguinte, sempre é interesante contar con esta ferramentra gráfica.

su root

dpkg -i nomedopaquete.deb

O peche inesperado débese a que o sistema non solicita o contrasinal de root, como debería. Vexamos como solucionar o problema.

Como arranxala cuestión

su root

mousepad /usr/share/applications/gdebi.desktop

Procuramos coa auxuda da combinaciónd de teclas Ctrl + f a cadea "Exec=", e deixámola do seguinte xeito:

Exec=sh -c "gdebi-gtk %f"

Salvamos e abrimos sobre un paquete deb prememos co botón dereito, escollendo a opción "Abri con Instalador de paquetes gDebi"

A modo de exemplo, descargamos o paquete deb da última versión estable do navegador Google Chrome

https://dl.google.com/linux/direct/google-chrome-stable_current_amd64.deb

 

E pinchando en Instalar, o sistema pedirá o contrasinal de root, e procederá a instalar o programa en concreto.