
Documentación:
http://appinventor.mit.edu/explore/ai2/linux
Aínda que paso a explicar o proceso paso a paso, podemos empregar o seguinte script para facela instalación de maneira rápida:
https://atio.es/pub/install_appinventor.sh
cd Descargas chmod +x install_appinventor.sh ./install_appinventor.sh
Paso a paso faríase do seguinte xeito:
0. Escalamos a root e actualizamos as fontes do repositorio
su root apt update
1. Instalar as librerías de 32 bits
apt install lib32z1 apt install lib32stdc++6
2. Descargas este ficheiro e instalas
wget https://appinv.us/aisetup_linux_deb dpkg -i aisetup_linux_deb
3. O software queda instalado en /usr/google/appinventor
Para arrancalo programa podemos facelo desde o terminal, concretamente executando a instrución:
/usr/google/appinventor/commands-for-Appinventor/run-emulator
4. Creamos un script en /home/usuario para chamar ao programa
touch appinventor.sh mousepad appinventor.sh
E copiamos o seguinte contido:
#!/bin/bash mkdir -p /tmp/android-usuario chmod -R 777 /tmp/android-usuario /usr/google/appinventor/commands-for-Appinventor/run-emulator
Gardamos e saímos
Dámoslle permisos de execución ao ficheiro
chmod +x appinventor.sh
4. Pero para ben ser, creo que é interesante crear un atallo no menú. Para isto pode empregarse o programa MenuLibre, pero máis sinxelo é crear un ficheiro appinventor.desktop en /home/usuario/.local/share/applications
cd /home/usuario/.local/share/applications mousepad appinventor.desktop
E pegamos o seguinte contido:
[Desktop Entry] Version=1.1 Type=Application Name=AppInventor Comment=Emulador Android. Icon=blueman-smart-phone Exec=/home/usuario/appinventor.sh Actions= Categories=Development;X-XFCE;X-Xfce-Toplevel;
Unha vez instalado e para non precisar empregar o usuario root para traballar daremoslle a propiedade do cartafol appinventor ao usuario "usuario"
cd /usr/google chown -R usuario appinventor
Ademais debemos cargar un servidor. Para isto podemos arrancalo de forma manual antes de comezar o traballo:
cd /usr/google/appinventor/commands-for-Appinventor ./aiStarter
Pero para non ter que facer esta tarefa sempre que arrancamos o equipo, podemos cargalo programa ao inicio da sesión de Debian. Para isto dirixímonos a Aplicativos > Configuración > Xestor de configuración > Sesión - Inicio > Aplications AutoStart e creamos un novo atallo ao comando aiStarter, que está no cartafol anterior.
Desta maneira podemos dirixirnos coa axuda do explorador ao enderezo http://127.0.0.1:8004, para comprobar que está funcionando
Arrancamos o emulador que temos en Aplicativos > Programación > AppInventor
E dirixímonos ao editor de AppInventor. É un programa online ao que podemos acceder a través da seguinte páxina, e premendo en Create Apps!
http://appinventor.mit.edu/
Na aplicación prememos en Conectar > Emulador. Se dispoñemos dun smartphone conectado ao porto usb, tamén podemos conectalo a este empregando Conectar > USB
Comezamos un novo proxecto. Cando se remate hai que dirixirse a "Generar" e escoller a opción Android App (.apk). Con isto, procédese a compilala aplicación. Ao rematar descargamos o paquete apk
Debemos copiar o paquete apk no cartafol /usr/google/appinventor/commands-for-Appinventor
Para instalar o paquete empregaremos a instrución:
./adb install nome_ficheiro.apk
E aparecerá como unha App no escritorio do emulador.
Para comprobar os paquetes instalados:
./adb shell su 0 pm list packages
Isto xera un listado dos paquetes. Por exemplo un deles no meu caso é: package:appinventor.ai_martindetecnoloxia.HelloPurr
Se desexo desinstalalo do emulador emprego a seguinte orde:
./adb uninstall appinventor.ai_martindetecnoloxia.HelloPurr