Así comezou Atio

atio

 

aula

A primeira versión de Atio foi feita no servizo Sites de Google, no ano 2008, concretamente o 3 de decembro. Nese momento traballaba no CPI Cabo da Area de Laxe. Decidira que todo o material que creara debería de ser libre e estar á disposición de todos. Obviamente tendo presente que a calidade do que deixaba era cuestionable, como o segue sendo no presente.

Aquela decisión foi introducíndome de cheo no software libre. Abandonei o software privativo de forma completa e comecei o camiño con GNU Linux. E aquí sigo, sabendo o mesmo que cando comecei: nada. Cada porta que abres neste hotel lévate a miles de corredores, con miles de portas. Pero o interesante é que a forma de pensar segue sendo a mesma: compartir o que vou aprendendo.

https://sites.google.com/site/martindetecnoloxia/