1. Instalamos a aplicación flatpak, no caso en que non a teñamos instalada

apt install flatpak

2. Descargamos o paquete de instalación de Bottles

https://dl.flathub.org/repo/appstream/com.usebottles.bottles.flatpakref

3. Instalamos o paquete descargado

cd Descargas

flatpak install com.usebottles.bottles.flatpakref

4. Iniciamos o aplicativo Bottles. Prememos en Aplicativos > Accesorios > Bottles

5. Clic en Seguinte unhas 3 veces ata que comeza a descargar uns ficheiros, ata que remata

6. Aparece unha nova fiestra. Pinchamos en crear unha botella nova

E escollemos o tipo de aplicación. Neste exemplo escollo Aplication. Inserimos un nome á botella e clic en Crear

O sistema comeza a crear a botella.

7. Ao rematar queda do seguinte xeito. Pinchamos na icona "Instalar exe/msi nesta botella"

E seleccionamos o ficheiro .exe da aplicación que desexamos instalar

Prememos na frecha >. E aparece un botón con Iniciar executábel. Procedemos coa instalación:

Amosándonos o seguinte

Pinchamos na icona de play e xa o teremos funcionando!