
O instalador de paquetes gDebi presenta un bug. Cando queremos instalar un programa coa axuda cun paquete .deb, o programa péchase de maneira inesperada e por suposto non é quen de instalalo. Vexamos como se pode arranxar:
1. Escalamos os privilexios a root, pois imos editar un ficheiro do sistema
su root
introducimos o contrasinal
2. Editamos o ficheiro gdebi.desktop
mousepad /usr/share/applications/gdebi.desktop
Procurarmos isto (Ctrl+f):
Exec=gdebi-gtk %f
E engadimos o comando sudo, e deixámolo do seguinte xeito:
... Exec=sudo gdebi-gtk %f ...
Salvamos e saímos
3. Descargamos un ficheiro .deb, por exemplo o do Visual Studio Code coa axuda do navegador
https://code.visualstudio.com/docs/?dv=linux64_deb
4. Abrimos o xestor de ficheiros e dirixímonos ao cartafol de Descargas. Prememos co botón dereito sobre o ficheiro que acabamos de descargar. E pinchamos en Propiedades.
Na pestana Abrir con escollemos "Instalador de paquetes GDebi"
E clic no botón Establecer como predeterminado
5. Co botón dereito novamente sobre o ficheiro descargado, pinchamos na opción Abrir co Instalador de paquetes GDebi e procedemos a instalar o programa.