En ocasións desexamos enviar un documento ou varios arquivos a unha persoa por correo electrónico, pero desexamos darlle certa privacidade ao mesmo. A forma máis elegante de facelo é empregando a clave pública e privada. Pero neste caso e para simplificar, veremos como se comprime un cartafol protexido por contrasinal.

Antes de nada, e no caso de que non teñamos o xestor de ficheiros Thunar como aplicación preferida, debemos configuralo aquí:

1. Creamos  un cartafol

2. Descargamos varios documentos e copiámolos no cartafol creado. Por exemplo os seguintes pdf

https://oaoa.atio.es/sites/oaoa/files/inline-images/vedicas/produto_vedicas_nivel1.pdf

https://oaoa.atio.es/sites/oaoa/files/inline-images/vedicas/produto_vedicas_nivel2.pdf

https://oaoa.atio.es/sites/oaoa/files/inline-images/vedicas/produto_vedicas_nivel3.pdf

https://oaoa.atio.es/sites/oaoa/files/inline-images/vedicas/produto_vedicas_nivel4.pdf

3. Co botón dereito do rato escollemos a opción Crear arquivo

4. Escollemos o formato de compresión Zip. E ademais pinchamos en Outras opcións e podemos inserir o contrasinal