Arch

No Arch Linux dispoñemos de moitas formas de instalar programas. Como en calquera outra distribución, abonda con que teñamos conexión á rede.

1. PACMAN (terminal)

Instalación paquetes
pacman -S “paquete” #Instala un paquete.
pacman -Sy “paquete” #Sincroniza repositorios
Actualización paquetes
pacman -Sy #Sincroniza repositorios.
pacman -Syu #Sincroniza repositorios e actualiza paquetes (fai un upgrade)

Procurar paquetes
pacman -Ss “paquete” #Busca un paquete.

Eliminar paquetes
pacman -R “paquete” #Borra paquete sen as súas dependencias.
pacman -Rs “paquete” #Borra paquete e as súas dependencias non empregadas.

2. MAKEPKG (terminal)

É unha utilidade para compilar e construir paquetes que poidan ser instalados coa ferramenta pacman. Polo tanto makepkg é un script que automatiza o proceso de construción de paquetes

En xeral trátase de descargar no equipo un paquete publicado en https://aur.archlinux.org

E a páxina devolve o resultado da procura que fixemos. Copiamos o link cun clic co rato

E abrimos o terminal e procedemos a instalalo do seguinte xeito:

cd /tmp

git clone https://aur.archlinux.org/openshot-git.git

cd openshot-git

makepkg -si

Sen embargo é posible que aparezan problemas de dependencias.

Neste caso teremos que ir á páxina de aur.archlinux e ir pinchando nas dependencias e instalándoas, tal e como fixemos con openshot-git.git

3. YAOURT. O xestor de instalación Yaourt serve para a instalación de paquetes AUR empregando o terminal

Para a instalación de Yaourt no sistema empregamos as seguintes instrucións:

sudo pacman -S --needed base-devel git wget yajl
cd /tmp
git clone https://aur.archlinux.org/package-query.git
cd package-query/
makepkg -si && cd /tmp/
git clone https://aur.archlinux.org/yaourt.git
cd yaourt/
makepkg -si

E xa para empregar Yauort

Instalar

yaourt -S handbrake

Desinstalar

yaourt -R handbrake

 

3. YAY

Instalación da ferramenta yay

sudo pacman -S base-devel
sudo pacman -S git
cd /opt
sudo git clone https://aur.archlinux.org/yay.git
sudo chown -R usuario:users ./yay
cd yay
makepkg -si

Exemplo de instalación

yay -S balena-etcher

 

2. Octopi. Trátase dun xestor de instalación de aspecto e un funcionamento similar similar ao Synaptic

A súa vez para instalalo, podemos facelo desde o terminal

pacman -Sy octopi

3. Discover. Trátase doutro xestor de instalación de software. Da soporte a paquetes Flatpak

pacman -Sy discover

 

4. PAMAC. É unha ferramenta moi interesante, pois este xestor dá soportea Alpm, Aur, Flatpak e Snap

5. Flatpak

O primeiro que debemos de facer para instalar paquetes Flatpak é instalar no propio sistema o programa flatpak. Tan só o teremos que instalar unha vez e valerá para sempre

pacman -Sy flatpak

Para descargalos paquetes, recomendo facelo desde esta páxina:

https://flathub.org/

Eliximos o paquete a descargar, por exemplo o Pinta

e pinchamos no botón install

E descargamos o paquete

Co terminal, procedemos a instalar o paquete coa instrución:

flatpak install com.github.PintaProject.Pinta.flatpakref

Respondemos cun Y tres veces e comeza a descargar a instalar o software

No caso que queiramos desinstalar un programa previamente instalado co Flatpak, debemos de empregar a seguinte instrución flatpak uninstall nomedoprograma. Neste caso que nos ocupa introducimos a seguinte instrución:

flatpak uninstall Pinta

É posible que non coñezamos o nome da aplicación. Unha boa idea é listar as aplicacións instaladas:

flatpak list

Ou no caso de querer actualizar as aplicacións instaladas con flatpak

flatpak update

 

6. Snap

Ao igual que nos paquetes Flatpak, teremos instalar un programa chamdo snapd, e unha vez instalado este procedemos a instalar a ferramenta core

pacman -Sy snapd
snap install core

Ao igual que no caso dos paquetes Flatpak, tamén existe unha páxina moi interesante para descargar os paquetes e proceder á súa instalación:

https://snapcraft.io/

Procuramos, por exemplo, spotify

E escollemos a distribución na que estamos instando, neste caso Debian, e observamos a instrución para proceder coa súa instalación

E neste caso é:

su root (introducimos o contrasinal)

snap install spotify