
Ben é certo que para comezar a editar en Latex tan só temos que crear un fichiero coa extensión tex e comezar cunhas cantas instrucións sinxelas. Dispoñemos de moita información na web. Por exemplo:
https://ondiz.github.io/cursoLatex/
https://ondahostil.wordpress.com/curso-no-convencional-de-latex/
Sen embargo, se os gusta que todos os documentos presenten as mesmas características: marxes, sangrado, tipo de fonte, etc, o mellor é crear un documento mestre e aproveitalo en todos os documentos que fagamos. Na seguinte páxina dispoñemos o código de varias plantillas:
https://www.overleaf.com/latex/templates
Vexamos como podemos crear a estrutura do documento:
1. Creación do cartafol para o proxecto.
Por exemplo creamos un cartafol chamado documento_latex
mkdir documento_latex cd documento_latex
2. Creación dos subcartafoles necesarios para o proxecto.
Por exemplo crearemos os seguintes: build, configs, imaxes, capítulos, anexos. Moi probablemente non sexan necesarios tantos, ou teñamos que crear outros a maiores.
mkdir build configs imaxes capitulos anexos
3. Creación do documento que chama ás librerías
Creamos o ficheiro paquetes.tex que gardamos dentro do cartafol build. O seu contido podería ser o seguinte:
%Desactivación dos warnings á hora de compilar relacionados coa carga de paquetes \usepackage{silence} \WarningFilter{latex}{You have requested package} % Paquete para o soporte dos idiomas \usepackage[utf8]{inputenc} \usepackage[T1]{fontenc} \usepackage[spanish]{babel} %Paquete para permitir o xustificado con \justify \usepackage{ragged2e} % Marxes do documento \usepackage[top=2cm,bottom=2cm,left=3cm,right=2cm]{geometry} % Paquete para os encabezados e pés de páxina. \usepackage{fancyhdr} \usepackage{emptypage} %evita encabezados ou pés en páxinas en branco % Paquete para a manipulación de imaxes \usepackage{graphicx} % Paquete para os hipervínculos e marcadores do mn \usepackage{hyperref} %Paquetes para as táboas \usepackage{float} \usepackage{longtable} %Por se a táboa ocupa máis dunha páxina %Estilos APA \usepackage{apacite} %Paquetes para as matemáticas \usepackage{amsmath, amsthm, amssymb} %Paquetes para inserir gráficos \usepackage{tikz} \usetikzlibrary{shapes,arrows} %Paquetes para inserir anexos \usepackage{appendix} %Paquete para aliñar todas as imaxes. \usepackage{adjustbox} \adjustboxset*{center} %Paquete personalizado co título do proxecto e fontes \usepackage{configs/docstyle} %Paquete para xerar texto aleatorio lorem ipsum \usepackage{lipsum} %Crear índices \usepackage{imakeidx} \makeindex[columns=3, title=Alphabetical Index, intoc] %Definición da ruta na que se atopan as imaxes \graphicspath{ {imaxes/} }
4. Creación do documento docstyle.sty
Dentro do cartafol configs creamos o fichiero docstyle.sty. Neste documento podemos crear novos comandos e configurar as fontes, sangrados de primeira liña. Tamén definimos o cabeceiro e pé de páxina
\ProvidesPackage{docstyle} \newcommand\autor{Autor} \newcommand\proxecto{Apuntes de Latex} %fonte por defecto \renewcommand{\familydefault}{\sfdefault} %bibliografía \setlength\bibitemsep{3\itemsep} %sangría da primeira liña de párrafo \setlength{\parindent}{0cm} %configuración do cabeceiro e pe de páxina \pagestyle{fancy} \fancyhf{} \lhead{ \scriptsize\textbf{\proxecto} } \cfoot{\thepage}
5. Creación do documento principal
Creamos o documento principal, por exemplo main.tex, que irá chamando aos difentes documentos que teñamos nos restantes cartafoles.
Podemos comezar co seguinte código, mediante o cal chamamos a librería de paquetes, e empregamos o comando personalizado proxecto, inserirmos imaxes ou inserimos información dos capítulos almacenados noutro ficheito tex, coo é o caso do capítulo 1
\documentclass[12pt, a4paper]{article} \include{configs/paquetes} \title{Aprendendo LaTeX} \author{} \date{} \begin{document} \maketitle \textbf{\proxecto} \vspace{10mm} \begin{center} \includegraphics[width=7cm]{plot} \end{center} \vspace{10mm} \tableofcontents \break \section{Introduction} \lipsum[1-2] \input{capitulos/capitulo1.tex} \end{document}
Podes descargar o documento resultante desde esta ligazón: https://atio.es/pub/ficheiros/download.php?file=../mestre_latex.zip