Creación dunha web

É posible que teñas unha pequena empresa, que sexas un autónomo, un docente, un estudante, etc e decidas ser ti quen publique e xestione o teu espazo na web, evitando pagar o deseño e mantemento a un profesional, e o máis importante, que queiras aprender e enredar no mundo dixital.

Son varias tecnolóxicas que che permiten crear unha páxina web de maneira gratuíta: Google, Facebook, etc. Pero xa sabes que iso non é aprender, é pasar o tempo e ademais ti queres ser dono das túas palabras. Pero todo isto leva consigo uns gastos, sen embargo non é caro, non vai máis aló do que custa unha cervexa por semana na cafetería da esquina.

Con este manual podes introducirte no deseño web, tocando moitos paus: instalación e mantemento do servidor, creación de bases de datos e Drupal, un fantástico xestor de contidos. Pero sempre durante o proceso terás que botar man doutras páxinas, pois é tan ampla a temática que sempre aparecen dúbidas e detalles que non sabemos solucionar.

Internet cambiouno todo, e aínda non nos decatamos das consecuencias. Non esquecemos aqueles modems que facían ruído ao sincronizarse coa rede, aquelas páxinas estáticas con aquel código HTML, as liñas ADSL que lle chamaban as autoestradas da información, o teu primeiro correo electrónico de Gmail, o Twitter, aquel GNU/Linux...todos estes servizos e produtos cambiaron o mundo. A partir de agora a historia é túa.

1. Contratación do dominio e do hosting

2. Instalación do Arch Linux no VPS

3. Instalación dun servidor LEMP

4. Instalar Drupal 9 no servidor LEMP

5. Instalación de Composer e Drush en Arch Linux

6. Configurar un Drupal 9 como un multisite

7. Actualizar un Drupal 8 a Drupal 9 de maneira sinxela

8. Importar unha base de datos grande con phpMyAdmin

9. Publicar un vídeo en Drupal con código html

10. Consultar as peticións aos servidor Nginx en tempo real

11. Instalación de NextCloud