Se desexamos mudar a configuración de pantalla no sistema operativos, podemos empregar a utilidade arandr
1. Abrimos o terminal
2. Executamos a orde arandr
usuario@debian:~$ arandr
3. En saídas, eliximos a nova configuración de pantalla. A modo de exemplo baixamos a resolución de pantalla, pero esta utilidade serviría para configurar dúas pantallas, rotalas, etc.
4. Unha vez configurada a nova resolución debemos de gardar a configuración dentro de /home/usuario/.screenlayout
5. Configuramos o Debian para que cargue o script no inicio da sesión. Para iso dirixímonos ao Xestor de configuración >Sesión e inicio
6. Agregamos o script que xerou o arandr
Procuramos a ruta /home/usuario/.screenlayout/pantalla.sh
7. Ao reiniciar o equipo xa carga a configuración do script