1. Xestión de usuarios

No caso de que non teñamos a utilidade de "Usuarios e grupos" instalada, poderemos facelo instalando o paquete gnome-system-tools, ou co terminal ou co synaptic

root@debian:/home/usuario# apt install gnome-system-tools

 
a. Desde Usuarios e grupos

Pódense crear desde o terminal desde a aplicación Usuarios e grupos (Menú de aplicativos > Sistema > Usuarios e grupos)

1. Clic en Engadir (indicamos contrasinal de root)

2. Engadimos o contrasinal de acceso (mínimo 5 caracteres)

3. Clic en aceptar

4. Cando o usuario entre no sistema, copiarase o contido da carpeta /etc/skel en /home/pedro de maneira automática
b. Desde o terminal

root@debian:/home/usuario# adduser maria

Adding user `maria' ...
Adding new group `maria' (1003) ...
Adding new user `maria' (1002) with group `maria' ...
Creating home directory `/home/maria' ...
Copying files from `/etc/skel' ...
Enter new UNIX password:
Retype new UNIX password:

Introduza o novo valor ou prema Intro para o valor por defecto
    Nome completo []: María Lema

2. Xestión dos cartafoles e ficheiros


A estrutura de directorios de Linux
 

A organización dos directorios en Linux ten unha estrutura xerárquica en forma de árbore a partir dun directorio principal ou raíz.

 

Esta estrutura é radicalmente diferente á empregada en sistemas operativos Windows, onde a cada unidade ou partición se lle asigna unha letra do alfabeto. Así, a partición na que se instala o sistema operativo recibe o nome de "C",  o CD/DVD normalmente "D", e as demAis particións ou dispositivos de almacenamento extraíbles "E", "F", "G"...

Para o que nos interesa neste momento, os directorios máis importantes son os seguintes:

    /media: Directorio que contén os puntos de montaxe dos medios extraíbles de almacenamento, tales como Pendrives (memorias USB), lectores DVD/CD-ROM ou outras particións do disco duro. Así pois, os nosos pendrives serán accesibles por medio deste directorio.
    /home: Directorio que contén os arquivos persoais de cada usuario (documentos, música, vÍdeos, Descargas, Escritorio, etc), de xeito similar a "Os meus Documentos" de Windows. Tamén contén os ficheiros de configuración para cada usuario. Moitos destes ficheiros de configuración son ocultos, e o seu nome comeza por un punto "."


Creación de ficheiros e carpetas

Un usuario só pode crear cartafoles ou ficheiros dentro do seu home. No caso de que o usuario se chame usuario, poderá escribir en /home/usuario

1. Crea unha carpeta en /home/usuario/Descargas, chamada Apuntamentos. Dentro desta carpeta crear outra chamada Tema_01

 
2. Move a carpeta de /home/usuario/Descargas/Apuntamentos a /home/usuario/Escritorio/Apuntamentos (atallo de teclado Ctrl + x)


 
3. Renomear a carpeta Tema_01, co nome Resumo
 
 
4. Borrar a carpeta /home/usuario/Escritorio/Apuntamentos

5. Eliminamos os ficheiros do lixo

Clic en Ficheiro > Baleirar lixo

imaxes by: by: https://cemit.xunta.es


Ficheiros no usb

1. Formateamos o lápis usb. Para isto inserimos o usb nun porto usb. Abrimos a aplicación gparted

 

Escollemos a unidade (arriba á dereita)

Seleccionamos no cadro inferior a unidade e co botón dereito do rato escollemos a opción "Formatar como"

No caso de querer traballar só con Linux escolleremos un tipo de formato ext4. No caso de querer empregar o lápis tamén no sistema operativo Windows, elixiremos a opción fat32

 
2. Abrir o lápis no thunar e analizar onde se monta a unidade

 

Nada máis inserir o usb no porto correspondente, automaticamente aparece a unidade no explorador. Neste exemplo aparece coa etiqueta da unidade "TOSHIBA"

Ao pinchar na unidade, ábrese o contido no explorador, e podemos ver o seu contido

Ademais, a unidade móntase na estrutura de directorio do sistema operativo, concretamente neste caso en /media/usuario/TOSHIBA. Podemos acceder a esta ruta tamén pinchando en "Sistema de ficheiros" e dirixirnos á ruta /media/nomedousuario/TOSHIBA


Visualizar arquivos e carpetas ocultas

 

En ocasións é moi interesante que algúns dos ficheiros de configuración do usuario permanezan en modo oculto, para evitar o seu borrado. Pero á súa vez precisamos acceder a eles para poder modificalos.

 

1. Visualizalos deste o xestor de ficheiros

Abre a carpeta /home/usuario

No teclado preme a combinación de teclas Ctrl + h. Deste xeito podemos observar os ficheiros e cartafoles de configuración do usuario .config ou .local, entre outros

Acceder aos ficheiros e cartafoles con permisos de root

Hai moitos ficheiros e cartafoles que están protexidos polo sistema operativo. No caso que o borrásemos ou cambiásemos de forma involuntaria, o sistema operativo deixaría de funcionar ou ben funcionaría de maneira de maneira irregular. É moi importante traballar con usuarios que non teñan permisos de administrador, e só entrar con un usuario con estes privilexios só cando sexa imprescindible.

1. Abrimos o terminal

2. Logueámonos como root

usuario@debian:~$ su root

 

3. Abrimos o thunar, pero con permisos de root

root@debian:/home/usuario# thunar

Agora poderemos abrir, copiar ou borrar calquera ficheiros ou cartafol do sistema, coas consecuencias que isto supón.

Se o desexamos tamén podemos abrir o nautilus con permisos de root

root@debian:/home/usuario# nautilus

Comprimir e descomprimir ficheiros

Podemos empregar o asistente para Comprimir e descomprimir de maneira visual. Para comprimir facemos un clic co botón dereito do rato enriba do cartafol a comprimir:

Eliximos o tipo de ficheiro comprimido que desexamos empregar: zip, rar, gz, tar, tar.gz, etc. Se queremos enviarlle o ficheiro comprimido a unha persoa que sexa usuaria do sistema operativo de Microsoft Windows, quizais o mellor será comprimilo ficheiro en formato zip, ao ser un estándar moi empregado.

Para descomprimir, novamente botón dereito do rato e eliximos a opción  Extraer aquí ou ben Extraer en, que queremos descomprimilo noutra carpeta:

Comprimir co terminal

É unha boa opción no caso de queres compartir os ficheiros con usuarios que empreguen o sistema operativo Microsoft Windows e macOs

Podemos facelo, como sempre desde a interface gráfica, premendo no botón dereito do rato, ou tamén co terminal.

1. Accedemos a Descargas e borramos a carpeta cursoLinux. A podémolo facer de varios xeitos:

    Botón dereito do rato e escoller a opción "Mover ao lixo"
    Premer na tecla "Supr" do teclado
    Acceder ao terminal, ir á carpeta Descargas e borrar a carpeta coa orde rm -r cursoLinux

cd /home/usuario/Descargas

rm -r cursoLinux

2. Tamén borramos o ficheiro comprimido

3. Imos ao Lixo e recuperamos a carpeta borrada no paso nº1

4. Comprir co terminal a carpeta creada no execicio 1 (cursoLinux).

usuario@debian:~/Descargas$ zip -r cursoLinux.zip cursoLinux

5. Borrar a carpeta cursoLinux

usuario@debian:~/Descargas$ rm -r cursoLinux

6. Descomprimir o ficheiro comprimido cursoLinux.zip

usuario@debian:~/Descargas$ unzip cursoLinux.zip

 

Procurar ficheiros, cartafoles e textos

1. O explorador de ficheiros Nautilus

A maqueta Abalar, ademais de ter instalado o explorador de ficheiros Thunar, tamén ten o Nautilus. Se nunha distribución non o tivera, pódese instalar de maneira moi sinxela desde o Synaptic ou co terminal:

root@debian:/home/usuario# apt install nautilus

Para abrilo, podemos facelo desde terminal:

usuario@debian:~$ nautilus

E se queremos abrilo con dereitos de root, para escribir en calquera cartafol do sistema operativo:

usuario@debian:~$ nautilus

root@debian:/home/usuario# nautilus

Se queremos facer unha procura no nautilus, facemos clic na lupa

No caso de visualizar todos os ficheiros pdf que temos no cartafol persoal (/home/usuario) procederemos do seguinte modo:

2. Explorador de ficheiros Thunar

A aplicación Thunar, por defecto, non conta cun buscador de ficheiros. Por este motivo debemos de engadirlle esta funcionalidade. Para iso valémonos da utilidade catfish

1. Instalamos a utilidade catfish

a. Terminal

root@debian:/home/usuario# apt install catfish

b. Synaptic

2. Engadimos a utilidade a Thunar, no menú Editar

Engadimos unha acción nova

Engadimos a instrución catfish --path %f. Escollemos unha icona representativa (en Iconas das accións dispoñemos de system-search)

 

En condicións de aparición marcamos todos os check

 

Agora en calquera carpeta dentro do thunar, ao pulsar no botón dereito do rato, aparecerá a opción "Procurar"

O funcionamento é similar ao buscador do nautilus

 

Gnome Search Tool

O gnome-search-tool é unha ferramenta moi sinxeliña que sirve tanto para procurar ficheiros e cartafoles como para buscar textos dentro de ficheiros.

Para empregalo, hai que abrir o terminal e  escribir o seu nome (en seguintes prácticas crearemos un lanzador desde o menú)

usuario@debian:~$ gnome-search-tool


Se non abre a aplicación, deberás de instalalo. Para iso, como sempre, podes empregar o synaptic ou desde o terminal:

root@debian:/home/usuario# apt install gnome-search-tool

Procurar ficheiros co terminal

1. locate

A orde locate procura ficheiros nunha base de datos dos sistema. É conveniente actualizala para que aparezan os últimos ficheiros engadidos ao sistema

root@debian:/home/usuario# updatedb

O funcionamento é moi sinxelo

usuario@debian:~$ locate .pdf

 
2. find

O comando find ten moitísimas posibilidades. Se queremos buscar todos os ficheiros pdf dentro dunha carpeta podemos executar a seguinte instrución:

usuario@debian:~$ find /home/usuario -iname '*.pdf'

 
Procurar un texto dentro dos ficheiros
1. grep -lir

O l serve para que imprima o nome dos ficheiros, i para ignorar se está en maiúscula ou minúscula e r para buscar de maneira recursiva dentro das carpetas

usuario@debian:~$ grep -lir "linux" *