Cando queremos aproveitar o traballo feito nun drupal antigo e queremos cambiar de hosting, é dicir, de servidor, estamos obrigados a aloxar a base de datos mysql na nova máquina física ou virtual no caso dos droplets. Este traballo pódese facer coa ferramenta phpMyAdmin. Sen embargo teremos que modificar o php.ini a o nginx.conf no servidor destino para que non aparezan erros ao executar a importación.
Paso 1. Configurar php.ini
nano /etc/php/php.ini
E configuramos os seguintes parámetros, por exemplo deixándoos do seguinte xeito
max_execution_time = 360 memory_limit = 512M post_max_size = 512M upload_max_filesize = 512M
Paso 2. Configurar nginx.conf
nano /etc/nginx/nginx.conf
E engadimos a seguinte liña dentro do apartado http
client_max_body_size 10M;
Quedando do seguinte xeito:
http { client_max_body_size 100M; ....
Paso 3. Exportar a base de datos desde o servidor orixe
Accedemos ao phpMyAdmin do servidor orixe. Accedemos á base de datos que desexamos exportar, e pinchamos en exportar
Tan só temos que pinchar en ir e gardar o ficheiro SQL no cartafol desexado.
Paso 4. Importar a base de datos no servidor destino
Creamos unha base de datos co nome desexado. Para iso pinchamos en New na columna da esquerda
Engadimos o nome da base de datos e clic en Create
Finalmente pinchamos en Importar, escollemos o ficheiro e clic en Go, ou Ir se o temos configurado en galego
O resto das opcións deixámolas coa configuración por defecto. Se todo vai ben, importaranos o ficheiro sql.