Hai moitos páxinas web onde podemos comprar os dominios e xestionalos e tamén onde contratar un hosting. Descoñezo cales son os mellores. A modo de exemplo amosarei os servizos que emprego eu, cos que estou satisfeito.

1. Hosting.

Contrataremos un VPS. Trátase dunha máquina virtual sobre a que instalamos un sistema operativo gnu/Linux. No meu caso emprego os servizos de Digital Ocean

Aínda que da moitas opcións, nós só empregaremos un par delas:

a. Crear Droplet

 

Podemos escoller entre varios sistemas operativos:

Sen embargo, no noso caso crearemos unha unha máquina virtual Arch Linux a partir dunha imaxe, tal e como explicamos aquí: https://blog.atio.es/node/446

En canto ao tipo de máquina a escoller, quedaríame coa máis básica. Chega máis que suficiente para aprender ou para ter unha páxina Drupal. Se despois de tela online tedes moitas visitas, sempre a podedes mellorar, tanto en disco, ram ou número de cpu

E escollemos o datacenter. Entendo que o lóxico para nós é escoller un datacenter na UE. No meu caso escollino en Amsterdam 3. Non creo que haxa grandes diferencias entre uns de outros.

En canto á autentificación para acceder ao servidor, escollería a autentificación por SSH. Creades no voso equipo unha clave pública coa seguinte orde:

ssh-keygen

Se escollemos as opcións por defecto no cartafol do vos usuario /home/usuario, atoparedes un cartafol co nome .ssh e dentro del un par de ficheiros id_rsa e id_rsa.pub, unha clave privada e unha pública. Empregaremos a segunda. Para isto abrirémola cun programa como mousepad, gedit, kate, cat, etc e copiamos e pegamos o contido e dámoslle un nome mnemotécnico. No caso de traballar desde varios equipos sempre podemos engadir máis claves públicas.

 

Este par de claves, pública-privada podedes empregalas para cifrar outros documentos. No seu día explicara como cifrar documentos Libreoffice

Podemos activar as backups, para que faga unha copia automatizada cada semana, aínda que sempre podemos crear unha imaxe da máquina sempre que nos apeteza na opción Snapshots (unha vez accedemos á máquina) e tamén a opción Monitoring, que nos facilita unhas gráficas do uso de disco, ram ou cpu. Finalmente clic en Create Droplet. Con isto teremos o Droplet creado, coa súa ip, e xa podemos acceder ao mesmo por ssh

Para acceder ao mesmo, empregaremos o terminal, e neste exemplo escribiríamos:

ssh root@164.92.209.43

E entraríamos no terminal do doplet que acabamos de crear. Unha pantalla en negro, nada máis.

 

2. Dominio

O dominio é o nome da nosa páxina. No meu caso é atio.es

Eu son usuario de Dinahosting, unha empresa de Compostela. A miña experiencia con eles é moi boa, cunha atención ao cliente fenomenal. É unha mágoa que non teña uns prezos tan competitivos para os VPS

O primeiro que temos que facer é comprobar se o dominio que nos gusta está libre. Iso xa se fai na primeira páxina:

E no caso de estar libre, engadímolo ao carro:

Como observamos o prezo dun dominio .gal é máis de 4 veces máis caro que un .es, .com, etc.

Unha vez que teñamos pagado xa o podemos xestionar desde o panel de administración:

E pinchamos en Zonas DNS

 

Creamos os rexistros A que desexemos. Tamén creamos os subdominos que queiramos, como blog.atio.es, oaoa.atio.es, etc