Composer é a aplicación que normalmente empregaremos para a instalación de módulos en Drupal. Por exemplo, se quixéramos instalar o paquete IMCE empregaremos a seguinte instrución:
composer require 'drupal/imce:^2.4'
Para executar Composer é importante non facelo desde un usuario root. De feito o propio composer advirte desta circunstancia
Polo tanto o primeiro que faremos é crear un usuario con dereitos sudo
1. Creación dun usuario sudo
Instalamos o paquete sudo e engadimos o usuario. No meu caso empregarei o usuario martin
pacman -S sudo
Creamos o usuario e engadímolo ao grupo wheel. A opción -m serve para que cree o cartafol /home/martin
useradd -m -G wheel -s /bin/bash martin
Editamos o ficheiro sudoers
nano /etc/sudoers
Descomentamos a liña
%wheel ALL=(ALL:ALL) ALL
Engadimos unha password ao usuario recén creado
passwd martin
E asignámoslle os privilexios de sudo
nano /etc/sudoers
## ## User privilege specification ## root ALL=(ALL:ALL) ALL martin ALL=(ALL:ALL) ALL
Reiniciamos a máquina
reboot
2. Instalación de Composer
pacman -Sy composer
Comprobamos a versión instalada de composer
su martin composer --versión
Neste caso o sistema imprime en pantalla a versión 2.3.5
3. Instalación de Drush
O comando Drush é moi interesante pois podemos limpar a caché, activar módulos, poñer en estado de mantemento a páxina e un longo etc. Vexamos como instalar Drush:
Seguimos no usuario martin e procedemos a instalar a versión 10 de Drush
composer global require drush/drush:10.x
Comprobamos en que ruta está instalado o Composer, executando a seguinte instrución:
composer config --global home
O sistema imprime en pantalla a seguinte ruta: /home/martin/.config/composer Escribimos en no ficheiro ~/.bashrc a ruta na que se atopa o executable do Drush, pero debemos substituír composer_path pola ruta obtida no paso anterior. echo 'export PATH="composer_path/vendor/bin:$PATH"' >> ~/.bashrc
echo 'export PATH="/home/martin/.config/composer/vendor/bin:$PATH"' >> ~/.bashrc
Para cargar a configuración gardada no .bashrc, executamos a seguinte orde:
source ~/.bashrc
E comprobamos a versión de Drush instalada no sistema
drush --version
E xa por último, para actualizar o drush executamos a seguinte orde:
composer global update drush/drush