Debemos de dispoñer dun servidor LEMP. Na entrada https://blog.atio.es/node/441, podemos seguir un procedemento para a instalación dun servidor LEMP en Arch Linux. E, coa configuración seguida na entrada mencionada, procedemos a instalar un Drupal 9
Aproveitando a explicación dada na nova https://blog.atio.es/node/441, creamos un ficheiro de configuración en /etc/nginx/sites-available, que lle ordena ao servidor abrir os contidos na ruta /srv/http/blog. Podemos visualizar a configuración editando o ficheiro:
nano /etc/nginx/sites-available/blog
Ou tamén podes descargalo na seguinte url: http://atio.es/pub/blog
Antes de nada borramos todos os ficheiros que teñamos dentro do cartafol blog. Mantemos o cartafol phpmyadmin
rm /srv/http/blog/*
Dirixímonos á ruta /srv/http, e descargamos o drupal
cd /srv/http wget https://www.drupal.org/download-latest/zip
E descargamos un ficheiro comprimido co nome de zip. Descomprimímolo
unzip zip
E movemos todo o contido do cartafol drupal-9.3.12 ao cartafol blog
mv /srv/http/drupal-9.3.12/* /srv/http/blog
Procedemos a crear dous cartafoles necesarios para descargar a tradución no Drupal e dámoslle permisos de escritura:
mkdir /srv/http/blog/sites/default/files mkdir /srv/http/blog/sites/default/files/translations chmod -R 777 /srv/http/blog/sites/default/files
E facemos unha copia do ficheiro default.settings.php co nome de settings.php. Dámoslle tamén permisos de escritura o ficheiro
cp /srv/http/blog/sites/default/default.settings.php /srv/http/blog/sites/default/settings.php chmod 777 /srv/http/blog/sites/default/settings.php
Ademais é intersante actualizar os módulos do Drupal antes de proceder coa instalación. Isto podemos facelo coa ferramenta composer, que será a que empregaremos para a instalación dos diferentes módulos. Nesta nova podes ver como se instala: https://blog.atio.es/node/444
Abrimos o navegador e neste exemplo abrimos a ruta https://d.blog.atio.es e procedemos a instalar o Drupal
Escollemos o idioma e clic en Save and continue. Na seguinte ventana escollemos a instalación estándar e clic en Gardar e continuar
Inserimos un nome dunha base de datos para gardar os datos da aplicación, un nome de usuario e un contrasinal. Neste caso empreguei o usuario root e o contrasinal que configurei na nova anterior, coa axuda instrución:
mysqladmin --user=root password "contrasinal"
E ao premer en Gardar e continuar, comeza a instalar
Configuramos a información do sitio
E unha vez que premamos en Gardar e continuar, debemos quitarlle os permisos de escritura ao ficheiro settings.php
chmod 644 /srv/http/blog/sites/default/settings.php
Sen embargo nos informes de estado que atopamos na ruta informes > Informes de estado, aparece o seguinte erro:
Para resolvelo editamos o ficheiro settings.php e ao rematar a sección Trusted host configuration, engadimos as seguintes liñas:
nano /srv/http/blog/sites/default/settings.php
$settings['trusted_host_patterns'] = [ '^d.blog.atio\.es$', '^www\.d.blog.atio\.es$' ];
Se todo vai ben, no apartado informes > Informes de estado visualizaremos o seguinte cadro resumo: