Para contar con esta funcionalidade, o administrador dunha comunidade de Agueiro debe permitir o rexistro de usuarios.

 

 

E a partir dese momento, os usuarios que xa están rexistrados na plataforma poden solicitar formar parte dunha Comunidade. Para isto pinchan en "As miñas comunidades", dentro do apartado grupos.

Escollen a Comunidade á cal queren facerlle a petición de inscrición, e para isto, premen no botón Enviar petición

Unha vez que o usuario fai a petición, será o Administrador quen a valide. Para isto debe pinchar na administración da comunidade (logotipo cunha chave), dirixirse ao apartado Comunidades e finalmente pinchar en Membros.

E obtén finalmente os usuarios que solicitaron formar parte da Comunidade, que terá que movelos ao cadro da dereita, é dicir a usuarios engadidos. Unha vez que formen parte da comunidade, asignaráselles o rol de xestores no caso de que sexan docentes. Con este rol poderán crear grupos.