Pode resultar interesante dispoñer do móbil na pantalla do ordenador. Por exemplo para configuralo de maneira máis cómoda ou para proxectar o contido do móbil nunha pantalla de proxección.

1. O primeiro que temos que instalar é snapd, que serve para instalar paquetes que non presenten problemas de dependencias.

sudo apt install snapd

sudo snap install core

2. Seguidamente, e empregando snap instalamos o paquete scrcpy

sudo snap install scrcpy

3. Instalamos o paquete android-tools-adb

apt install android-tools-adb

4. Instalamos o paquete adb

sudo apt install adb

 

5. Agora  no móbil debemos activar as opcións de desarrollador (developer options). En cada marca comercial actívanse dun xeito, e o máis sinxelo é procurar o truco en youtube. No caso dun Xiami, faise do seguinte xeito:

 

a. Pinchar en configuración

b. Clic en "Sobre o teléfono"

c. Clic 5 veces sobre "Versión do MIUI"

d. Ir a pantalla anterior

e. Entrar en Axustes adicionais > Opcións de desenvolvedor

f. Activamos Depuración USB, Instalar a través do USB e Depurando USB (Axustes de seguridade)

 

 

Unha vez instaladas as aplicacións e configurado o dispositivo móbil, debemos conectar o móbil ao computador mediante un cable usb. E desde o terminal executamos a seguinte instrución:

snap run scrcpy

Aparecerá un aviso no móbil co que debemos aceptar a nova conexión desde o computador.

No caso de que a nosa distribución sexa ArchLinux, cambia o proceso de instalación no computador. Procedemos o seguinte xeito:

git clone https://aur.archlinux.org/snapd.git

sudo chown usuario:users snapd

cd snapd

makepkg -si

Ao rematar reiniciamos o computador

sudo systemctl enable --now snapd.socket

sudo ln -s /var/lib/snapd/snap /snap

sudo snap install core

sudo snap install scrcpy

pacman -Sy android-tools-adb

E como no caso de Debian, arrancamos o programa scrcpy coa instrución:

snap run scrcpy