A páxina onde dispoñemos das características básicas do portátil é a seguinte:

https://www.medion.com/es/product-list/medion-classmate-e14409-md62379/

O primeiro que temos que facer é descargar a ISO da maqueta Abalar Libre 20.1 do servidor Abalar. Trátase dunha distribución Debian 10 64 bits, coñecida como Buster.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/espazo/maqueta-abalar-libre/versions

Unha vez descargada debemos de pasala a un lapis USB. Pero isto non se fai directamente cun copia-pega, senón coa axuda dun programa especializado. Un deles é o Balena Etcher, que podemos descargar da súa páxina oficial. Unha vez que abramos, tan só temos que escoller a imaxe iso e a unidade de destino.

https://www.balena.io/etcher/

Sen embargo temos que saber que a versión actual da Maqueta Abalar non dispón de controladores para arrancalo sobre UEFI. Por isto, debemos de arrancalo sobre Legacy. Por outra banda temos que coñecer as teclas de función deste modelo de portátil para acceder á Bios (F2) e ao Boot Menú (F10).

A. Configuración da Bios

Arrancamos o computador e prememos a tecla F2 ata que entra na Bios

1. Na pantalla Main non temos que cambiar nada

2. No apartado Advanced debemos activar o apartado CSM Configuration, que por defecto aparece desactivo. Para activar isto, temos que ir á pantalla Security, e entrar no apartado Secure Boot

Secure Boot > Disable

Secure Boot Mode, > Custom

Reset to Setup Mode > Yes

3. Na pantalla Boot, seleccionamos a seguinte configuración:

Quiet Boot > Enabled

Fast Boot > Disable

Boot Mode select > LEGACY

4. Volvemos á pantalla de Advanced, e dirixímonos a CSM Configuration, que deixamos do seguinte xeito:

CSM Support > Enabled

Boot option filter > UEFI and Legacy
Network > Do not lauch

Storage > Legacy

Video > Legacy
Other PCI devices > Legacy

Gardamos e saímos.

Con isto xa está configurado o equipo para que recoñeza o lapis USB coa Maqueta Abalar. Prememos na tecla F10 e escollemos a unidade USB e arrancará a maqueta Abalar, que procedemos a instalar Aplicativos > Sistema > Install Snopshot

O proceso de instalación funciona correctamente, resolve ben o grub. Sen embargo ao arrancar decatarémonos que o sistema operativo non recoñece a tarxeta de rede Wifi

B. Instalación da Tarxeta de Rede Wifi

Este equipo está dotado cunha tarxeta de rede Intel® Wireless-AC9560. En principio o procedemento para instalar o firmware sería ir á páxina do fabricante. Para isto conectamos o equipo á rede empregando un cable de rede.

https://www.intel.com/content/www/us/en/support/articles/000005511/wireless.html

E descargar o paquete que se corresponde co modelo AC 9560. Descomprimir a pegar os ficheiros na ruta /lib/firmware. Pero o resultado é que non funciona isto.

O que podemos facer é cambiar as fontes de Debian e engadir as da rama inestable SID, co obxectivo de actualizar o paquete firmware-iwlwifi . Para isto seguimos os pasos:

1. Editar o ficheiros sources.list

su root
mousepad /etc/apt/sources.list

E deixámolo do seguinte modo, que simplemente substituímos buster por unstable:

#------------------------------------------------------------------------------#
#                      REPOSITORIOS ABALAR 20  
#------------------------------------------------------------------------------#
###### Debian Buster Repo
deb http://http.debian.net/debian/ unstable main contrib non-free
deb http://http.debian.net/debian unstable-updates main contrib non-free
deb http://security.debian.org/ unstable/updates main contrib non-free

###### Debian Buster Backports
deb http://http.debian.net/debian/ buster-backports main contrib non-free

2. Actualizamos

apt update

3. Instalamos a versión actualizada dos drivers das tarxetas wifi Intel

apt install firmware-iwlwifi

4. Unha vez instalada editamos novamente o ficheiro sources.list, e deixámolo como estaba nun principio

mousepad /etc/apt/sources.list

#------------------------------------------------------------------------------#
#                      REPOSITORIOS ABALAR 20  
#------------------------------------------------------------------------------#
###### Debian Buster Repo
deb http://http.debian.net/debian/ buster main contrib non-free
deb http://http.debian.net/debian buster-updates main contrib non-free
deb http://security.debian.org/ buster/updates main contrib non-free

###### Debian Buster Backports
deb http://http.debian.net/debian/ buster-backports main contrib non-free

5. E actualizamos as fontes

apt update

6. Reiniciamos e xa detecta a tarxeta wifi e queda o equipo configurado.