Réplica do sistema nun lapis usb

atio

 

En linux podemos ter unha réplica do

nosos sistema nun lapis usb, é dicir un clon do noso disco duro no lapis, podendo facer todo exactamente igual. Finalidades pode ter varias:

  1. Un backup de seguridade con tódalas nosas configuracións do sistema

  2. Un usb para facer diferentes probas, como pode ser un cambio de escritorio, de kernel, etc. Así probaríanos na distribución do lapis, e no caso de estropealo,  non teríanos máis que volvelo a crear.

Procedemento. Analizamos cantas particións temos feitas no noso sistema. Debemos de crear as mesmas no noso usb. Non ten porque ter o mesmo tamaño. O caso máis habitual é que teñamos unha partición en formato ext4 para o sistema e outra partición para a memoria de intercambio swap.

Inserimos o usb e creamos as particións. Voume centrar no caso máis sinxelo: dúas particións: ext4 e swap. Para crelas podemos facelo con fdisk ou ben co gparted (máis sinxelo o segundo caso).

Entón temos o noso equipos encendido, co lapis inserido no porto usb (e non reiniciamos desde o lápis ata que se diga). Imaxinemos que o disco duro ten dúas particións /dev/sda1 (ext4, onde está o sistema operativo /) e a partición de intercambio /dev/sda2 (swap). E no lápis temos /dev/sdb1 (ext4) e /dev/s

Executamos o script BackupSistema.sh. Debemos de gardalo nunha carpeta do equipo, e darlle permisos de execución.

chmod +x BackupSistema.sh

executámolo desde root (su root), sinalando a unidade orixe onte temos instalado no noso sistema operativo e a unidade destino, que será a do usb. Esto só o facemos para a unidade do sistema, non para a swap.

./BackupSistema /dev/sda1 /dev/sdb1

Tarde un cacho, pois ten que facer o backup no usb. Unha vez que remata temos que arreglar o grub, pois se non o facemos non arrancaría. Podemos valernos das seguintes instrucións (non fun quen de montalo nun script unha vez que o script entra en chroot deixa de executar as seguintes instrucións. Imaxino que creando o script coas instrucións finais no usb e chamado desde este irá, pero pouco aforramos.):

(indicamos a unidade do usb, no noso exemplo /dev/sdb1)

mount /dev/sdb1 /mnt

mount --bind /dev /mnt/dev

mount --bind /dev/pts /mnt/dev/pts

mount --bind /proc /mnt/proc

mount --bind /sys /mnt/sys

chroot /mnt

grub-install --recheck /dev/sdb

update-grub2

exit

Faltaría por amañar o /etc/fstab. Se copiamos este ficheiro, para un sistema sinxelo como do que estamos a falar debería de valer. Simplemente copiadelo en /etc/

Reiniciamos

Se non quedara ben o fstab, despois de arrancar o sistema desde o lapis, poderíase pasar o seguinte script, que nos configura ben o fstab polos número uuid