O calendario

 

Xunto co Foro de novas, o calendario é un elemento moi importante nunha aula virtual xa que axuda ao alumnado a organizarse. E, por suposto, constitúe un elemento moi útil para aqueles pais que axudan aos seus fillos nas tarefas e na organización do tempo de lecer.

i. Creación dun evento exame

O docente debe de escoller o mes no que queira engadir o evento e clic enriba

Aparece o calendario a maior tamaño e o docente pincha no día desexado, ou ben no botón Novo evento. E seguidamente para visualizar todas as opcións debe de pinchar en Amosar máis

E deste xeito podemos visualizar todas as opcións:

E deste xeito, apareceralle ao alumno o envento no seu calendario. Ao pasar co rato por enriba do evento, ou ao clicar nel, aparece un cadro informativo.

No caso de que o docente queira programar unha práctica que se publica o luns 1 de febreiro e os alumnos deben de entregala o venres día 5:

E o alumno visualizaría o calendario do seguinte xeito:

ii. No caso que queiramos programar un evento que se repita varias ao longo das semanas, simplemente engadimos o número de repeticións en "Repetir semanalmente creando xuntos". Esta opción o docente pode escollela para programar a entrega de probas de avaliación continua ou prácticas. Imaxinemos que todos os luns do mes de febreiro o docente publica unha práctica e os alumnos deben de entregala os venres a través da tarefa correspondente: