A mensaxería en Moodle

Coa LOPD queda restrixindo empregar aplicacións de mensaxería e o  uso de correo electrónico para menores de 14 anos. Polo que nons e pode empregar aplicacións como whatsapp, Telegram, etc. para o envío de avisos aos alumnos. ¿Pero son imprescindibles?. A resposta é que non. No entorno Moodle dispoñemos do necesario para comunicarnos co alumnado sen saír do mesmo. Unha das opcións é a mensaxería.

i. Cómo enviarlle unha mensaxe a un alumno ou a todos os participantes da clase?

A forma máis cómoda para o envío dunha mensaxe a un conxunto de alumnos sexa pinchar no botón de Participantes na columna da esquerda

Seleccionamos o alumno ou alumnos aos que desexamos enviarlle unha mensaxe:

 

E como reciben os alumnos a mensaxe?

E ao pinchar

ii. E os alumnos poden enviarse mensaxes entre si?

Efectivamente. Poden pinchar no botón da mensaxería, aparece a venta na anterior e escollemos "Nova mensaxe"

Á esquerda na caixa de "Busca un usuario ou curso", o alumnado insire o nome do alumno ou alumna que procura. Neste exemplo introducimos o código do curso, e no EVA podería introducir o nome do centro educativo

E na parte inferior introduce a mensaxe a enviar:

iii. Como un alumno pode bloquear a outro para que non poida enviarlle mensaxes?

É posible que un alumno facedo gala do seu humor profesional, moleste aos seus compeñeiros. Para iso o alumnado ten posibilidade de bloquealo, e deste xeito non poderá enviar correos  molestos.

Para iso o alumno que está sendo molestado accede á mensaxería:

Clic en Nova mensaxe e procura o usuario creador da discordia. Seguidamente pincha no nome do alumno

E aparecen tres opcións. Neste caso escollerá a opción Bloquear o contacto:

Comprobemos agora se o alumno5 pode enviarlle unha mensaxe ao alumno1. Logeámonos como alumno5. Accedemos á mensaxería, procuramos o alumno 1 e enviámoslle unha mensaxe e o sistema imprime en pantalla un aviso: