Publicar un vídeo en Moodle

Publicar un vídeo en Moodle

O primeiro que debemos facer é comprobar o tamaño do vídeo. Debemos de ter en conta que non podemos subir un ficheiro moi pesado ao moodle. O motivo non é técnico, xa que os docentes contamos un amplo espazo para a subida de ficheiros. Debemos de ter en conta que o alumnado gastará datos para a súa descarga e polo tanto é conveniente diminuír a cantidade de megabytes a utilizar.

Para alixeira o tamaño do vídeo podemos empregar o programa Handbrake

Clic en Picture e no apartado Strore Geometry, baixamoslle o tamaño ata o desexado. Con un width de 512 mantén unha visualización moi boa. Ao ir baixando o ancho, automaticamente xa adapta o alto (height). Tamén deberemos definir o nome do ficheiro e o cartafol de saída. Fixámonos que o Handbrake cambia a extensión a m4v, pero unha vez convertido o vídeo, e forma manual podemos renomear a extensión, pasando de m4v a mp4.

 

i. Descargamos o seguinte vídeo: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbainas/system/files/colega.mp4

ii. Creamos unha nova páxina ou etiqueta

iii. Clic en Xestionar os ficheiros

iv. Subimos o ficheiro

v. Clic en insertar ou editar vídeo/audio

vi. Clic en examinar repositorios

 

vii. Clic en Ficheiros incrustados e seleccionámolo.

viii. Aínda que temos varias opcións no apartado multimedia, neste caso insertámolo e gardamos.

 

O vídeo é un recurso moi interesante a nivel pedagóxico. Na seguinte ligazón un alumno de primaria (Xoel) fai un resumo do libro en banda deseñada da batalla de Las Navas de Tolosa

Presentación do libro de Navas de Tolosa

Hoxe en día contamos con comics moi interesantes para o estudo de historia ou arte, como os do profesor Pedro Cifuentes