Foro de novas

Cando se crea un curso novo, Moodle automaticamente crea a Foro de novas. A función deste foro é a de informar ao alumnado das normas de funcionamento, do que ten que entregar, dar tarefas a realizar, facilitarlle exames doutros anos, libros de lectura obrigatorios, etc. En definitiva, é un taboleiro no cal está toda a información que precisa coñecer o alumnado para poder cursar con éxito a materia. Debemos de ter en conta que son moitos os pais que axudan aos alumnos nos seus fogares e eles non contan con esta información agás que apareza nalgún sitio. O foro de novas é o sitio idóneo.

Debemos ter en conta que o Foro de novas a información flúe de maneira unidireccional, desde o docente ao alumnado. Se un alumno ten dúbidas debe de empregar o foro de dúbidas. Por cada nova que o docente cree no Foro de novas, o alumnado recibe unha notificación. Debemos de ter claro que o aviso non o recibe de maneira instantánea, senón cando se execute no servidor unha tarefa cron.