Como crear un documento mestre en Latex

Ben é certo que para comezar a editar en Latex tan só temos que crear un fichiero coa extensión tex e comezar cunhas cantas instrucións sinxelas. Dispoñemos de moita información na web. Por exemplo:

https://ondiz.github.io/cursoLatex/

https://ondahostil.wordpress.com/curso-no-convencional-de-latex/

https://es.overleaf.com/learn

Sen embargo, se os gusta que todos os documentos presenten as mesmas características: marxes, sangrado, tipo de fonte, etc, o mellor é crear un documento mestre e aproveitalo en todos os documentos que fagamos. Na seguinte páxina dispoñemos o código de varias plantillas:

https://www.overleaf.com/latex/templates

Vexamos como podemos crear a estrutura do documento:

1. Creación do cartafol para o proxecto.

Por exemplo creamos un cartafol chamado documento_latex

mkdir documento_latex

cd documento_latex

2. Creación dos subcartafoles necesarios para o proxecto.

Por exemplo crearemos os seguintes: build, configs, imaxes, capítulos, anexos. Moi probablemente non sexan necesarios tantos, ou teñamos que crear outros a maiores.

mkdir build configs imaxes capitulos anexos

3. Creación do documento que chama ás librerías

Creamos o ficheiro paquetes.tex que gardamos dentro do cartafol build. O seu contido podería ser o seguinte:

%Desactivación dos warnings á hora de compilar relacionados coa carga de paquetes
\usepackage{silence}
\WarningFilter{latex}{You have requested package}
% Paquete para o soporte dos idiomas
\usepackage[utf8]{inputenc}
\usepackage[T1]{fontenc}
\usepackage[spanish]{babel}
%Paquete para permitir o xustificado con \justify
\usepackage{ragged2e}
% Marxes do documento
\usepackage[top=2cm,bottom=2cm,left=3cm,right=2cm]{geometry}
% Paquete para os encabezados e pés de páxina.
\usepackage{fancyhdr}
\usepackage{emptypage}  %evita encabezados ou pés en páxinas en branco
% Paquete para a manipulación de imaxes
\usepackage{graphicx}
% Paquete para os hipervínculos e marcadores do mn
\usepackage{hyperref}
%Paquetes para as táboas
\usepackage{float}
\usepackage{longtable}     %Por se a táboa ocupa máis dunha páxina
%Estilos APA
\usepackage{apacite}
%Paquetes para as matemáticas
\usepackage{amsmath, amsthm, amssymb}
%Paquetes para inserir gráficos
\usepackage{tikz}
\usetikzlibrary{shapes,arrows}
%Paquetes para inserir anexos
\usepackage{appendix}
%Paquete  para aliñar todas as imaxes.
\usepackage{adjustbox}
\adjustboxset*{center}
%Paquete personalizado co título do proxecto e fontes
\usepackage{configs/docstyle}
%Paquete para xerar texto aleatorio lorem ipsum
\usepackage{lipsum}
%Crear índices
\usepackage{imakeidx}
\makeindex[columns=3, title=Alphabetical Index, intoc]
%Definición da ruta na que se atopan as imaxes
\graphicspath{ {imaxes/} }

4. Creación do documento docstyle.sty

Dentro do cartafol configs creamos o fichiero docstyle.sty. Neste documento podemos crear novos comandos e configurar as fontes, sangrados de primeira liña. Tamén definimos o cabeceiro e pé de páxina

\ProvidesPackage{docstyle}
\newcommand\autor{Autor}
\newcommand\proxecto{Apuntes de Latex}

%fonte por defecto
\renewcommand{\familydefault}{\sfdefault}
%bibliografía
\setlength\bibitemsep{3\itemsep}
%sangría da primeira liña de párrafo
\setlength{\parindent}{0cm}

%configuración do cabeceiro e pe de páxina
\pagestyle{fancy}
\fancyhf{}
\lhead{
\scriptsize\textbf{\proxecto}
}
\cfoot{\thepage}

5. Creación do documento principal

Creamos o documento principal, por exemplo main.tex, que irá chamando aos difentes documentos que teñamos nos restantes cartafoles.

Podemos comezar co seguinte código, mediante o cal chamamos a librería de paquetes, e empregamos o comando personalizado proxecto, inserirmos imaxes ou inserimos información dos capítulos almacenados noutro ficheito tex, coo é o caso do capítulo 1

\documentclass[12pt, a4paper]{article}
\include{configs/paquetes}

\title{Aprendendo LaTeX}
\author{}
\date{}
\begin{document}    
    \maketitle
    \textbf{\proxecto}
    \vspace{10mm}
    \begin{center}
        \includegraphics[width=7cm]{plot}
    \end{center}  
    \vspace{10mm}
    \tableofcontents
    \break
    \section{Introduction}
    \lipsum[1-2]
    \input{capitulos/capitulo1.tex}
\end{document}

Podes descargar o documento resultante desde esta ligazón: https://atio.es/pub/ficheiros/download.php?file=../mestre_latex.zip