1. Instalar TeX Live

Para comezar a editar Latex debemos de instalar unha distribución TeX, que no caso de Linux o habitual é instalar texlive. Para proceder coa súa instalación, farémolo desde o terminal ou ben desde Synaptic

apt update

apt install texlive-full

2. Instalar un editor de Latex

Para editar código Latex en Linux, dispoñemos de moitas posibilidades. Sen embargo destaco dúas: TeXstudio e Visual Studio Code

a. TeXstudio

apt install textstudio

Tamén podemos descargar a última versión desde a páxina web oficial:

https://www.texstudio.org/

Configuramos o idioma da interface (primeiro apartado, General)

É importante engadirlle o corrector automático do idoma galego ao TeXstudio. Para iso descargamos o dicionario do galego da seguinte páxina:

https://extensions.libreoffice.org/en/extensions/show/corrector-ortografico-para-galego

E subimos e configuramos o dicionario no aprtadod e Comprobación do idioma > Corrección ortográfica

b. Visual Studio Code

Aínda que se pode facer por terminal, penso que o máis sinxelo é descargar o paquete .deb publicado na súa páxina web:

https://code.visualstudio.com/download

O primeiro que debemos de facer é instalar a extensión Latex Workshop

E debemos configurar a ruta de publicación para Latex. Para iso dirixímonos a File > Preferences > Settings. E configuramos a saída do seguinte xeito: %DIR%/build

Ademais podemos engadir a extensión Latex Snippets, e ir probando outras que nos parezan de interese.

E ademais, debemos de configurar o corrector automático do idioma galego. Quedou explicado neste post: https://blog.atio.es/node/372