Como engadir corrector automático do galego ao Visual Studio Code

O Visual Studio Code ou o seu fork Vscodium constitúen unha ferramenta moi potente á hora de programar. Ademais, tamén son unha ferramenta fantástica para editar texto, por exemplo cando escribimos na linguaxe Latex. Sen embargo, por defecto, non temos dispoñible o corrector automático en Galego. Vexamos un xeito de engadirlle esta funcionalidade.

1. Instalación do Visual Studio Code en Debian

Dirixímonos á páxina do proxecto e descargamos o paquete .deb

https://code.visualstudio.com/

E procedemos a instalalo, tanto co gDebi como desde o terminal

 

2. Descargar a extensión do dicionario en galego para LibreOffice

https://extensions.libreoffice.org/en/extensions/show/corrector-ortografico-para-galego

Procedemos a descargalo dicionario

Unha vez descargado mudamos a extensión oxt a zip

E unha vez que teñamos o ficheiro coa extensión zip, procedemos a a descomprimilo

Copiamos os ficheiros gl.aff e gl.dic ao cartafol. Previamente teremos que escalar aos permisos de root

su root
cp gl.* /usr/share/hunspell/

E seguidamente facemos unha ligazón simbólica ao cartafol /home/usuario/.config/Code/Dictionaries. Obviamente se o nome de usuario é outro debemos de mudar "usuario" polo nome de usuario correspondente.

ln -s /usr/share/hunspell/* /home/usuario/.config/Code/Dictionaries

 

3. Instalar no Visual Studio Code a extensión SpellRight

Abrimos o Visual Studio Code e prememos no botón das Extensións

E procuramos a extensión Spell Right

E procedemos a instalala. Seguidamente pinchamos en Settings da propia extensión Spell Right

 

E debemos dirixirnos ao apartado Spellright: Language. Clic en Edit in settings.json

E no apartado de spellright.language, deixámolo do seguinte xeito:

E probamos se marca as faltas de ortográficas nun documento

E se colocamos o rato sobre a palabra con erro, podemos pinchar en View Problem e o sistema indicaranos unha suxestión: