Como instalar unha impresora en Debian

Á hora de instalar unha impresora nun sistema gnu/Linux, pódense presentar moitas casuísticas. O primeiro que debemos de ter en conta é que para que funcione, o sistema operativo debe de contar cos drivers apropiados, é dicir cun software que permita comunicarse co periférico. En base a isto, podémonos atopar con diferentes casuísticas:

1. O driver da impresora xa está instalado na distribución.

a. Empregamos a interface do sistema

 Aplicativos > Sistema > Printers

Clic en Agregar, e procédese coa instalación escollendo o modelo de impresora e seguindo as diferentes fiestras

b. Aplicativo CUPS

Tamén podemos instalar a impresora empregando unha ferramenta chamada CUPS.

Pero esta ferramenta non está no menú das diferentes aplicacións. Para acceder á mesma, debemos de abrir o navegador, por exemplo o Mozilla Firefox ou o Google Chrome. E na barra de direccións, escribir o seguinte:

http://localhost:631

Seguidamente pinchamos e Administration > Add Printer

E inserimos o usuario root e o contrasinal deste usuario

Seleccionamos a impresora e seguimos a as distintas ventanas para proceder coa instalación.

2. A distribución non ten instalados os drivers

Pero é moi probable que a distribución non posúa os drivers da impresora. Para isto deberemos de facernos con el. Vexamos as diferentes casuaísticas:

a. Drivers do fabricante

Moitos fabricantes publican os drivers das súas impresoras para o sistema operativo gnu/Linux. Pero hai outros que deciden non facelo atendendo ás súas políticas empresariais. Á hora de mercar unha impresora debemos de ter en conta se o fabricante ten publicados os drivers. Son moitas as marcas comerciais que así o fan, como Epson, HP, Brother

Por exemplo, descargaríamos os drivers dunha impresora Brother MFC-L2710DW

https://www.brother.es/soporte/mfc-l2710dw/descargas

No caso de Debian ou derivados como é Ubuntu, descargamos un paquete deb

E procedemos coa instalación do paquete, ben empregando o GDebi, ou co terminal, coa seguinte instrución:

dpkg -i mfcl2710dwpdrv-4.0.0-1.i386.deb

Pero con isto, despois da instalación dos drivers, xa aparece dispoñible  no sistema?. A resposta non sempre é a mesma. Depende. O máis probable é que teñamos que ir ao paso 1, e proceder coa súa instalación coa interface do sistema printing ou coa ferramenta CUPS.

b. Instalamos drivers coa axuda do terminal

En ocasións, os fabricantes non teñen publicado os drivers dalgún modelo de impresora, como por exemplo a Samsung ML-2010. Hai veces que as fontes do sistema operativo dispoñen de drivers creados pola comunidade de usuarios Linux mediante os cales podemos poñer en funcionamento a impresora. Vexamos uns cantos:

Paquetes foomatic

apt install foomatic-db foomatic-db-engine foomatic-db-gutenprint

apt install install foomatic-filters python-foomatic

Paquetes hpijs hplip (Impresoras hp)

apt install hpijs hplip hplip-data ijsgutenprint

apt install min12xxw openprinting-pdds printconf foo2zjs

Impresoras Samsung. Paquete SpliX

apt instal install splix

E despois de instalar algún destes paquetes, volvemos ao paso 1, e comprobamos se xa temos o driver instalado, e se é así, procedemos coa súa instalación.

c. Páxina OpenPrinting

E se o anterior non funcionou, podemos esgotar as posibilidades. A comunicade gng/Linux publica moitos drives de impresoras, que non forman parte das fontes do sistema operativo, pero que funcionan correctamente. É posible que non dispoñamos de todas as opcións da impresora, pero si as características básicas

https://www.openprinting.org/printers

Seleccionamos o fabricante e a impresora ou fotocopiadora a instalar. Por exemplo o fabricante das fotocopidadoras Ricoh non dispoñen de drivers para gnu/Linux. Pero si dispoñemos deles na páxina de openPrinting. Este exemplo non é moi bo, pois en CUPS xa dispoñemos do driver, sen necesidade de descargalo de OpenPrinting, pero en todo caso, vexamos como se faría:

E obtemos difentes opcións, e ademais neste caso dinnos que funciona correctamente

Dependendo da impresora, é posible que non podamos descargar paquetes DEB. Neste exemplo si o podemos facer no final da páxina, e polo tanto descargamos o paquete, e instalámolo co gdebi ou co terminal (dpkg -i paquete.deb), e despois agregamos a impresora coa interface de Linux ou ben coa ferramenta cups. Sen embago, a comunidade recomenda descargar un paquete PPD

Seguidamente abrimos a ferramenta CUPS: http://localhost:631

E clic en navegar, procuramos o fichieros PPD e pinchamos en Add Printer

3. Exemplos de instalación de impresoras

Mudando a conexión dunha impresora de lpd:// a socket://

Instalar unha impresora HP

Instalar unha impresora Brother

Instalar impresora Epson AL-M300DN

Konica Minolta Bizhub c258

Fotocopiadora Canon IR 3025N

Instalar blother MFC-L2710DW