Gnome Boxes. Unha maneira moi sinxela de crear máquinas virtuais

Dispoñemos de varias aplicacións para a creación e xestión de máquinas virtuais. Sen embargo todas teñen moitas opcións, que  se ben é certo que son moi útiles, na marioría das ocasións non fan máis que darle unha maior complexidade.

Existe un proxecto que nos permite facer todo isto, pero con coñecementos mínimos. Trátase de Gnome Boxes

a. Instalación. Podemos facelo desde o Synaptic, ou ben desde terminal

su root

apt update

apt install gnome-boxes

b. Iniciamos a aplicación

c. Creamos a primeira máquina. Para iso pinchamos en Novo

E xa nos detecta as iso que temos nos cartafoles de usuario. Pero tamén permite descargar a instalar, conectarse a unha máquina remota por escrtorio remoto ou seleccionar un ficheiro iso que teñamos en calquera partición. Seleccionámola ISO e clic en Continuar

Na seguinte fiestra podemos asignarlle máis memoria ram ou máis tamaño de disco ao pinchar en Personalizar

E clic finalmente en Crear, e procedemos a instalar o Sistema Operativo desexado e valorar se é o que máis nos convence.