Libros da Editorial Anaya en Debian

En ocasións, cando hai fallos na rede, os docentes prefiren contar cos libros dixitais instalados no computador. No caso dos libros de Anaya, non disṕon desta opción de maneira directa. Debemos de instalar un cliente de Blink.

Paso 1. Accedemos á páxina de Anaya Educación coas credenciais que nos facilitou a editorial para obter o código da licenza dun dos libros

https://www.anayaeducacion.es/index_profesorado.php

E visualizamos os libros de texto no apartadod e Mis libros digitales

Pinchamos en info, nun dos libros

E copiamos o código de acceso que nos aparece ao final do texto.

Paso 2. Creamos conta de Blink. Dirixímonos á seguinte páxina web: https://www.blinklearning.com/home

Clic en Crear cuenta

E introducimos o código que obtivemos no Paso 1. Clic en Soy docente e seguinte

Introducimos os datos do docente:

E introducimos o centro de ensino. Observei que no listado de Blink non aparecen correctamente, pero procuramos o máis parecido. Aceptamos a política de protección de datos:

Paso 3. Descargamos o instalador de Blink. Cargamos a seguinte páxina no navegador:

https://www.blinklearning.com/home

Clic en Descargar App

E escollemos o sistema operativo desexado

Seleccionamos Linux, neste caso. E automaticamente comeza a descargar o script de instalación blinkoffline.sh

 

Paso 4. Instalamos o cliente. Para isto dirixímonos ao cartafol de Descargas

En calquera lugar, agás no propio fichiero, pinchamos co botón dereito do rato e escollemos a opción "Abrir aquí unha terminal"

Seguimente na pantalla de terminal debemos de executar as seguintes ordes:

Entendo que non é necesario escalar os permisos a root. Desde o usuario xa funciona. En todo caso de nun equipo en concreto non funcionaran as seguintes instrucións teriamos que escribir su root e inserir o contrasinal, que por defecto na maqueta Abalar Libre é toor.

su root

a. Primeiro, debemos de darlle permisos de execución ao ficheiro

chmod +x blinkoffline.sh

b. Executámolo engadindo un punto e unha barra diante.

./blinkoffline.sh

Paso 5. O script crear no apartado de Educación unha icona

Ábrese a aplicación e logueámonos coas credenciais que obtivemos no paso 2. Aínda que se abre no navegador, se nos fixamos a url: http://127.0.0.1:8081, vemos que se está abrindo un pequeno servidor  no propio equipo

Debemos pinchar en DESCARGAR, para que dispoñer dos libros no propio equipo. En caso contrario, seguirá precisando conexión á rede.

Paso 6. Engadimos máis libros

E inserirmos a licenza correspondente