Inserir un bloque cun conxunto de termos no Drupal 6

1. O primeiro que hai que facer é loguearse cun usuario con dereitos de administración. Para isto pódese pinchar dentro dun bloque coa ligazón de acceso ou ben ir directamente á fiestra de login

Se engadimos á url do drupal /user/login, tamén accedemos á fiestra de login. Por exemplo:

http://www.edu.xunta.gal/centros/curso2/user/login

2. Seguidamente debemos de dirixirnos ás opcións de administración. Podemos facelo a través do bloque de navegación do usuario, pinchando en Administrar

Ou ben escribir ao final da url do centro /admin

http://www.edu.xunta.gal/centros/curso2/admin

3. Seguidamente debemos crear un elemento de menú do que colgar as ligazóns. Imaxinemos que desexamos facer un menú para a Secretaría. Pinchamos en Menú, dentro das opcións de Construción do sitio, pinchamos en Menús

E clic en Engadir menú

Neste caso Nome de menú e Título imos poñer a mesma cousa, salvo que no nome de menú só podemos inserir minúsculas e sen acentos gráficos. Sen embargo no título do bloque escribimos de maneira correcta Secretaría

4. Dirixímonos a continuación ás Taxonomías. E en cada termo da taxonomía crearemos as ligazóns ou apartados que desexemos que teña o bloque secretaría

Clic en Engadir vocabulario

E completamos coa seguinte información:

Marcamos o tipo de publicacións que desexamos facer nesta taxonomía

E dentro do apartado Taxonomy menu > Menu location escollemos o elemento de menú que creamos no apartado 3, que lle chamamos Secretaría (aparecen por orde alfabético)

O resto de opcións deixámolas por defecto, agás "Add item for vocabulary", que debemos desmarcalo

Clic en Gardar

5. Volvemos ao apartado de Taxonomía e imos engadir os termos

E visualizamos o listado de taxonomías. Concretamente pincharemos en engadir termos dentro da taxonomía Secretaría

E procedemos a introducir as ligazóns que desexamos que aparezan no bloque. Por exemplo: Horario da Secretaría, Calendario Escolar e Admisión do Alumnado

Unha vez que introduzamos todos os temos, se pinchamos na lapela Lista, podemos modificar o orde.

6. Finalmente introducimos o bloque na columna correspondente para pode visualizalo. Sempre que creamos un menu, de forma automática, crease un bloque co mesmo nome. Tan só debemos de situalo na columna que máis nos interese. Dirixímonos ao apartado de Bloques

No listado de bloques podemos atopar o bloque Secretaría. Tan só debemos de situalo na columna que nos interese. Por exemplo na columna dereita

E dentro da barra lateral dereita, arrastrámolo máis arriba ou abaixo ata situalo no punto desexado. Por exemplo colocámolo debaixo do calendario

e clic en Gardar os bloques, e visualizamos o resultado dirixíndonos á páxina principal

7. Se non desexamos que apareza o debuxo do encerado dentro do bloque podemos dirixirnos á configuración do tema

E configuramos o tema que teñamos seleccionado como predeterminado. Neste caso o 0Point. Clic en configurar

E no apartado Block Icons, deixámolo do seguinte xeito:

Quedando do seguinte xeito

8. Agora cando creemos unha publicación, por exemplo unha páxina, tan só demos de escoller un dos tres termos (ou varios) da taxonomía Secretaría. Deste xeito, cando se pinche nunha das ligazóns do bloque Secretaría, visualizaremos o contido da publicación.

E con isto rematamos. Tamén temos a posibilidade de crear un bloque sen un menú que sexa alimentado polas taxonomías. Resulta moi cómodo para engadir imaxes, ligazóns ou textos, pero iso quedará para outra entrada desta páxina.