Instalar os libros dixitais de Santillana en Debian Buster

O primeiro que debemos de facer é descargar o programa de instalación da Aula Virtual Santillana do seu espazo web:

https://prod.santillana.es/downloads/av/linux.tar.gz

Unha vez descargado o ficheiro, pasamos a decomprimilo. A maneira máis sinxela é pinchando co botón dereito do rato sobre o ficheiro e escoller a opción "Extraer aquí"

E quédanos o fichiero aulavirtual-3.3.4-linux-x64-installer.run

O máis normal é que ao pinchar cun dobre clic sobre o ficheiro, abra a aplicación. Sen embargo se non ocorrera isto, debemos de darlle persmisos de execución ao arquivo. Isto faise pinchando co botón dereito do rato sobre o ficheiro e elixir Propiedades

E seguidamente na lapela Permisos, activar o check de "Permitirlle a este ficheiro executarse como un programa"

Abrimos o programa e procedemos coa súa instalación

 

 Unha vez que rematemos de instalar o software, agregamos un usuario, pinchando no +

Inserimos o número de licenza, o contrasinal e eliximos o idioma .

Pero atención, unha vez engadimos o usuario para o programa, debemos de introducir novamente o usuario e contrasinal para poder acceder aos libros

Procede a cargar os datos e abrilos libros que teñamos dereito en función da licenza que nos concedera a editorial

Clic no menú lateral e escollemos Libraría

Escollemos o libro e clic en Descargar

Seleccionamos todas as unidades didácticas ou unhas cantas e clic en Actualizar Libro. Unha vez que remata a descarga, tan só debemos de pinchar en Ler para poder visualizar os contidos.

Debemos de ter en conta que o libros instálase dentro de /home/usuario/aulavirtual, pero non actualiza o menú do sistema operativo. Por iso para abrir este libro ou ben dirixímonos ao cartafol e executamos o ficheiro nw. Para ser máis cómodo o proceso, podemos crear unha ligazón no Escritorio

Para crear a ligazón, situámonos enriba de nw e pinchamos co botón dereito do rato, escollendo a opción "Enviar a"

E se  queremos engadir unha entrada no menú que chame ao ficheiro, podemos empregar o programa menulibre. Para instalalo podemos facelo desde o Synaptic ou desde o terminal: