Incrementar o tamaño dun disco duro VirtualBox sen reinstalar SSOO

Ás veces quedámonos cortos á  hora de configurar o tamaño dun disco duro co VirtualBox. A solución pode ser eliminar a máquina e volvela a crear con máis tamaño de disco ou axudarnos do terminal

Imaxinemos que teño a imaxe na seguinte ruta:

/home/usuario/VirtualBox VMs/archlinux/archlinux.vdi

Abrimos o terminal e dirixímonos ao cartafol onde temos a maquina instalada

cd /home/usuario/VirtualBox VMs/archlinux

E procedemos a darlle maís tamaño, por exemplo 32 Gb, desde o usuario root

VBoxManage modifymedium disk archlinux.vdi --resize 32768

E continuamos instalando paquetes na máquina virtual