Engadir un usuario con acceso automático no Debian XFCE

1. Para a creación dun usuario, posiblemente a mellor maneira sexa empregando o terminal. Creamos un usuario chamado alumno.

su root (escribimos o contrasinal)

adduser alumno

Se nos fixamos, o Debian copia o contido dunha carpeta /etc/skel á carpeta /home/alumno

Procedemos a inserir o contrasinal deste novo usuario chamado alumno. O resto das opción podemos deixalas en branco. Ao final prememos na tecla Y

2. Unha vez que temos o usuario creado debemos de mudar a configuración do ficheiro /etc/lightdm/lightdm.conf

sudo mousepad /etc/lightdm/lightdm.conf

Dirixímos ao final do archivo de texto (Crtl + Fin). Por defecto na maqueta abalar teremos:

autologin-user=usuario

E debemos de cambiar usuario por alumno, neste caso

autologin-user=alumno

Gardamos e ao reiniciar, automáticamente debería de entrar o Debian coa nova conta e sen pedir contrasinal.