Configurar o LibreOffice en ArchLinux

Despois de instalar ArchLinux ou derivados, é posible que o LibreOffice teña os menús en Inglés, que non amose as iconas ou que non corrixa as faltas mentres escribes. Vexamos como se pode arranxar isto:

1. Instalación do idioma galego

Neste caso tan só hai que instalar un paquete. Podemos facelo desde o terminal ou ben desde o Octopi

sudo pacman -S libreoffice-fresh-gl

Unha vez instalado, debemos de ir a Tools > Options > Language settings > Languages e seleccionar o Galego

2. Cando non apacen as iconas na barra superior

Debes de ir a Ferramentas > Opcións. Na estrutura da esqueda escollemos LibreOffice > Ver e no estilo de iconas escollemos a que máis nos guste

 

 

3. Se o Writer non corrixe as faltas ortográficas a medida que vas escribindo, pódese solucionar do seguinte xeito.

Ir a Ferramentas > Xestor de extensións e prememos en "Obter máis extensións na rede..."

Ábrese no navegador a páxina das extensións de Libreoffice. No buscador procuramos polo "Proxecto trasno"

E clic en download na última versión

E abrimolo paquete descargado co propio LibreOffice, de deste xeito instálase a extensión como se pode apreciar no Xestor de extensións: