Instalar Etcher no ArchLinux

Para que un usuario poida instalar unha distribución gnu/Linux debe de descargar unha imaxe iso dun servidor e posterioremente debe de crear un usb-live coa imaxe, é dicir, un lápis usb desde o cal poder arrancar o sistema. Etcher é unha magnífica solución para isto, para converter unha imaxe iso nun usb live.

Unha forma de facelo é empregando a ferramenta de instalación yay, un asistente para a instalación de paquetes AUR. No caso de non ter instalada esta ferramenta, faríase do seguinte xeito:

sudo pacman -S base-devel
sudo pacman -S git
cd /opt
sudo git clone https://aur.archlinux.org/yay.git
sudo chown -R usuario:users ./yay
cd yay
makepkg -si

E seguidamente procedemos coa instalación da aplicación Etcher

yay -S balena-etcher