Instalación do kernel Liquorix en Debian

O kernel Liquorix está pensado e optimizado para os equipos de escritorio. Polo tanto é un Kernel que aproveita un pouco mellor os recurso do computador e polo tanto incrementa o rendemento do sistema operativo.

Editamos o ficheiro das fontes do sistema operativo

 
sudo mousepad /etc/apt/sources.list
 

E engadimos as seguintes liñas ao final do mesmo

 
##liquorix kernel
deb http://liquorix.net/debian/ sid main
 

Instalamos o certificado de liquorix

 
sudo curl -o /etc/apt/trusted.gpg.d/liquorix-keyring.gpg 'https://liquorix.net/liquorix-keyring.gpg'
 

E actualizamos as fontes

 
sudo apt update
 

Procedemos a instalar aptitude, no caso no que non estea instalado no equipo

 
sudo apt install aptitude
 

E finalmente instalamos o kernel-image e o kernel-headers. No meu caso para amd64:

 
sudo aptitude install linux-image-liquorix-amd64  linux-headers-liquorix-amd64
 

No caso de que o teu equipo fose de 32 bits ou ben quixeras instalar unha versión do kernel en concreto, primeiro procurarías a versión con:

 
sudo aptitude search linux-image
 

e do mesmo xeito

 
sudo aptitude search linux-headers
 

E unha vez que coñeces a denominación do kernel procedes a instalalo con aptitude install