1. O primeiro que un usuario debe e facer é acceder á plataforma. No caso dos docentes empregarán as súas credenciais corporativas. Aos alumnos facilitaralle un usuario e contrasinal o centro

2. O primeiro que analizamos é a creación dos cartafoles, subcartafoles e subir o ficheiros que desexemos.

a. Creamos primeiramente o cartafol da materia "Informática".

b. E prememos no cartafol que acabamos de crear. Fixámonos que cambia a ruta na que nos atopamos

c. Creamos agora un cartafol co nome de "Calc"

Quedando así:

d. Entramos novamente en Calc e creamos un subcartafol chamado Referencias. E dentro deste outro co nome de Imaxes, que será o cartafol no que subiremos as imaxes do portafolio. Descargamos a seguinte imaxe e subímola ao cartafol de imaxes.

e. Para subila, pinchamos en "Elixir arquivos"

Seleccionamos o ficheiros que acabamos de descargar e subímolo. Quedando a vista do xestor do seguinte xeito:

E deste xeito, podemos crear os cartafoles e subir os ficheiros que desexemos.

 

3. Seguidamente editamos un Portafolio dixital. Para iso facemos un clic no menú hamburguesa e seguidamente en Portafolio

4. Clic en engadir

5. Podemos escoller páxina, se se trata dunha páxina única que conteña toda a información ou ben colección, que é un conxunto de páxinas enlazadas entre si. Neste exemplo escollemos páxina

6. Inserir o título da páxina. Por exemplo, "Formato condicional no LibreOffice Calc". O resto das opcións non é obrigatorio cumprimentalas, sen embargo, cando os alumnos queren compartir o seu portafolios co docente, é moi conveniente que empreguen as etiquetas, engadindo o centro e curso, para que o profesor poda buscalas de forma sinxela

 

7. Pinchamos en Estrutura (deseño) e escollemos a plantilla que mellor se axuste ás nosas necesidades. Clic en Gardar

 

8. No cabeceiro engadimos o título da páxina, por exemplo. Para isto arrastramos á dereita o artefacto Texto, soltándoo na zona sombreada

9. Escribirmos o título da páxina, dándolle o formato desexado. Para que non apareza texto no bloque eliminamos o  texto da cela Título do bloque

 

10. Na columna da esquerda colocamos o logo de Calc, e a ligazón a outras páxinas ou prácticas

Para inserir unha imaxe, arrastramos o artefacto "Unha imaxe"

Seguidamente, debemos de subir a imaxe

Escollemos o cartafol Imaxes, que está dentro de Referencias, e este a súa vez dentro de Calc e finalmente este dentro de Informática

E seguidamente,clic en Elixir archivos e subimos o logo. Eliminamos o título do bloque e clic en Gardar

11. E co feito ata o momento quedaríanos algo así:

12. No bloque da dereita, pegaremos a información que atopamos nesta páxina: https://blog.atio.es/node/311

E como resultado, queda algo así:

13. Se queremos facer pública  a páxina en Internet, prememos en Compartir e seguidamente en URL secreta.

14. E se un alumno quere compartir esta páxina co docente, escollería compartir con Usuario, buscaría o nome do profesor

15. E por último, se que ceder a páxina, para que un terceiro a copie e a mellore, en opcións avanzadas, selecciona Si en "Permitir copia"

 E neste último caso, cando compartimos con outra persoa con copia. Que é o que ve esa persoa, e como fai a copia do portafolio que lle cedemos?

a. Clic no menú hamburguesa e ese usuario escolle Portafolio > Compartido comigo

b. E no buscador procura o título da páxina, neste caso Formato condicional no Libreoffice Calc. No caso de que se empregaran as etiquetas, pódese buscar máis comodamente.

E buscando por etiquetas...

c. Clic no título e accedemos á páxina. Sempre e cando o autor da páxina, dentro de opcións avanzadas, escollera SI en permitir copia, aparecerá a icona de Copiar arriba e á dereita

E deste xeito xa pode modificar a copia da páxina orixinal, corrixíndoa, engadindo máis recursos, imaxes, etc.