Para facer máis eficaces as docencias a través de Webex, é interesante ademais de proxectar o propio contido engadir a imaxe do ponente. obs Studio é un estupendo software para isto.
Para proceder coa instalación de obs Studio, podemos facelo con paquetes Snap
sudo apt update sudo apt install snapd sudo snap install core
E seguidamente procedemos coa instalación do programa.
sudo snap install obs-studio
Sen embargo na actulidade o obs-studio en Linux non dispón de cámara virtual, e porén debemos de instalala. Hai moitos métodos para a instalación, sen embargo o máis sinxelo é instalar o software Irium. Pero antes debemos de descargar as dependencias
Previo. Instalamos git
sudo apt install git
Instalación de v4l2loopback
cd descargas
git clone https://github.com/umlaeute/v4l2loopback.git
cd v4l2loopback
sudo make install
sudo depmod -a
Descargamos o seguinte paquete:
cd /home/usuario/Descargas
wget http://iriun.gitlab.io/iriunwebcam-2.3.1.deb
e procedemos coa súa instalación, tanto co gDebi, para comprobar que cumprimos coas dependencias. Se apareceran erros por dependencias podemos correxilas con:
sudo apt remove iriunwebcam
sudo apt install -f
E volvemos a instalar o paquete iriunwebcam-2.3.1.deb
E reiniciamos o equipo para que apareza no apartado de son e vídeo o probrama OBS Studio. Unha vez reiniciado o equipo abrimos o OBS Studio


Configuramos as fontes ao noso gusto e prememos en Iniciar Cámara Virtual
Cando arranquemos o obs-studio, disporá dun botón máis, o de "Iniciar Cámara Virtual"
Seguidamente abrimos Webex desde o Firefox (o Google Chrome ou derivados como o Brave non recoñece as cámaras virtuais). Pinchando na frechiña ao lado de Iniciar Vídeo, escollemos a cámara Irium Webcam
E iniciamos o vídeo. Se empregamos o recurso Screen Capture, penso que é interesante contar con dous monitores.